Estudantes do colexio público de San Ciprián (CEIP nº1 de Cervo) visitaron as instalacións do Parlamento de Galicia convidados polo Secretario da Cámara galega, José Manuel Balseiro Orol, que non puido participar na visita. Tiveron a oportunidade de entrar no Salón de Plenos e sentarse nos escanos que de xeito habitual ocupan as deputadas e deputados galegos, así como os membros do Goberno, ademais de visitar as distintas estancias do Pazo do Hórreo.