Despois de case catro anos o TC foi quen, non sen esforzo, de emitir un fallo sobre o recurso de inconstitucionalidade presentado polo PP contra o novo Estatut catalán. Segundo a perspectiva que adoptemos, así tiraremos conclusións.
Para os partidos cataláns, agás o PP, a sentenza supón unha aldraxe, pois vena como unha lectura restritiva da Constitución e, fundamentalmente, como un desprezo á vontade popular expresada nas urnas. Para o PSOE, un alivio, pois pecha unha asignatura pendente, de fondo calado político, permitíndolle centrar os esforzos na crise. Para o PP, non se consola quen non quere, dálles a razón. Recorren uns 130 artigos por inconstitucionais, tan só lle dan a razón en 14 (en parte, nada máis), e dinos o se±or Rajoy que o TC avala o seu recurso. Querían carne e déronlles peixe. E din: ôCarne de mar, xusto o que nós pediramos!ö
Inevitabelmente, esta sentenza volve a poñer no punto de mira o necesario estatuto de nación para Galiza. Na anterior lexislatura, o PPdeG, co señor Feijoo á fronte, rachou o consenso acadado. A actitude amosada no proceso negociador reflectía unha preocupación maior por encirrar no bipartito que en atopar ese necesario punto de encontro. De todos é sabido o desenlace final. Ao abeiro dunha política deseñada desde a FAES (algúns ben se atragoaron aprendendo catalán na intimidade da noite para a mañá!) o señor Feijoo racha as conversas e bota abaixo a posibilidade dun novo estatuto galego en pé de igualdade co catalán, para maior gloria dunha política recentralizadora. Todo isto adobado coa vaga esperanza dunha sentenza que lles dera a razón. Pois nin iso: no fundamental, o texto final que poderían acordar para someter a referendo tras o debate e aprobación no Parlamento galego cabería dentro do marco desta sentenza.
E agora, aquí estamos. Con tres anos e pico perdidos. Tendo que volver a comezar de cero. E os valencianos, canarios, e outras comunidades, pedindo o mesmo que Catalunya. Porén, Feijoo insistindo en que nación só hai unha: a española. E Fraga, como nos vellos tempos, berrando: ô¡Viva España!ö. E a defensa do noso país, da nosa economía, da nosa linguaà no limbo. Temos o que nos merecemos. Ata que lle poñamos remedio. Podemos. Temos que querer. E poñernos ao labor.
Farruco GRAÑA