Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de diplomas na Escola de Maiores en Xove

No salón de plenos do concello de Xove celebrouse a entrega de diplomas aos alumnos da Escola Municipal de Maiores, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. A Escola de Maiores arrancou este curso  en outubro do pasado ano cun total de 40 alumnos, todos do Concello, con idades comprendidas entre os 60 e os 82 anos. Durante o Curso, a máis das clases presenciais, nas que traballaron as diferentes materias académicas (lectura, escritura, cálculo,…), realizaron dúas saídas culturais a concellos cercanos. A Escola de Maiores cumpre tamén unha función social dado que propicia a reunión dos seus participantes, o cal lles proporciona benestar e mellora na súa calidade de vida, favorecendo tamén a comunicación e a convivencia.

Exit mobile version