Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PSOE que Cervo perde outra bandeira azul pola ineptitude do alcalde

NOTA DE PRENSA;
CERVO PERDE OUTRA BANDEIRA AZUL ANTE A INEPTITUDE DO ALCALDE

¿quen terá a culpa nesta ocasión?
CERVO, 2 de xuño . o Concello de Cervo segue a perder recoñecementos, neste caso tratase do distintivo que se concede dende a Asociación de Educación Ambiental e do consumidor para resaltar a calidade dalgunhas praias que cumpran con determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade limpeza, seguridade asi coma contar con información e gestión ambiental adecuada.

Ano tras ano os veciños de Cervo vemos, ante a pasividade do Alcalde o Sr. Villares, coma estamos a perder un referente turistico do Concello como son os distintivos das praias con bandeira azul.

O anos anteriores perdiamos o da praia de Cubelas e lonxe de facer o esforzo e os traballos oportunos para recuperala vemos como este ano perdemos a da praia do torno un referente da mariña e con moitos anos de tradición ondeando nos seus areais este bandeira azul.

Esta e unha mostra mais da ineptude do rexidor municipal e da pouca preocupación que demostra polos temas do Concello e o seu seguimento.

Fai unhos meses tivo a oportunidade de Adheridse o programa da deputación provincial para conseguir a certificación medioambiental ISO 14001 da praia do torno concretamente, pero a pesares de non ter conste ningún para o Concello non o fixo alegando que co distintivo da bandeira azul xa lle chegaba, distintivo que lamentablemente hoxe perdimos.

De habelo feito ao mellor a día de hoxe non estariamos lamentado dita perdida porque se houbera detectado a tempo e podería ser subsanado dado que dende o Concello non se fai dito traballo.

Ao non ter este distintivo o Concello non esta obligado a prestar determinados servizos coma os baños, duchas, socorristas e un largo sen fin de dotacións e por iso que dende o GMS lle esiximos ao Sr. Villares que non merme ni un apice as prestacións das que disfrutan tanto os veciños de Cervo coma os visitantes que temos en esas datas.

Porque non podemos obviar que o noso Concello e un referente turistico e que ano tras ano son moitas as persoas que nos visitan sendo esto unha fonte de ingresos para o sector servizos e hosteleria do noso pobo.

Dende o GMS tamen nos preguntamos quen será esta vez o chivo espiatorio e a quen intentará votarlle a culpa da sua ineptitude, por que non creemos que teña a desfachatez de votarlle a culpa ao Ex-Alcalde socialista ou ao Goberno bipartito da Xunta ou ao Goberno Central ou a Crise Económica, porque ven sabemos que a culpa de todolos males do Concello de Cervo sempre a teñen “os outros” e nunca aquelas persoas que teñen a responsasbilidade de Goberno dende fai once anos.

Exit mobile version