Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que lamenta que Deputación e Estado rexeiten coordinar a axuda para os concellos afectados polas inundacións

Nota de Prensa

O GPPP lamenta que Deputación e Estado rexeiten coordinar a axuda para os concellos afectados polas inundacións

Lugo, a 22 de xuño de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular lamenta que a Deputación e o Goberno do Estado rexeiten a proposta da Xunta de crear unha comisión para evaluar e validar de xeito conxunto os danos provocados polas inundacións rexistradas na comarca da Mariña e, a partir de aí, establecer a participación económica que, co fin de paliar esos estragos, deberá asumir cada administración.

Para o GPPP o prioritario agora é cooperar cos concellos afectados no arranxo e reparación dos danos causados polas choivas rexistradas nesta comarca lucense os pasados días 9 e 10 deste mes e optimizar os esforzos e os recursos que con este fin adicarán todas as administracións implicadas.

A negativa da administración provincial e nacional a secundar a proposta feita pola Xunta denota, ó entender dos populares, que pesa máis o interese partidista que a resolución dos problemas ós que se enfrontan os concellos e, por conseguinte, os seus veciños, máxime nun momento no que a crise económica obriga a restrinxir o máis posible o gasto incluso en casos imprevistos como este que, pola gravidade das súas consecuencias, requiren unha resposta e unha intervención inmediata por parte de todas as institucións implicadas.

Exit mobile version