Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que a Deputación perde oportunidades co sector pesqueiro

NOTA DE PRENSA:

O GPPP: Besteiro segue perdendo oportunidades para comprometerse co sector pesqueiro

* González Barcia lémbralle a Besteiro que por dúas veces votou en contra de axudar ó sector

Lugo, a 1 de xuño de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou que o presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro segue perdendo oportunidades para comprometerse co sector pesqueiro da provincia de Lugo.

Así o trasladou o voceiro adxunto dos populares, o burelés José María González Barcia, a raíz da presencia de Besteiro na clausura, o pasado sábado, das xornadas técnicas de Expomar. “Vir a Burela, dicir que non se teñen competencias, conceder unha esmola de axuda, e logo anunciar a bombo e platillo que o barco Muralla vai estar na Mariña é unha tomadura de pelo”, explicou.

Para Barcia aínda hai algo máis grave: a ausencia total de compromiso coa pesca. Besteiro, xunto co resto dos deputados socialistas e nacionalistas, votou por dúas veces, nestes tres anos de bipartito provincial, en contra dos intereses do sector: contra unha moción do PP na que se solicitaba axuda para evitar a baixada desenfrenada dos prezos do bonito e da pescada, e contra outra moción, tamén do PP, na que se solicitaba que a provincia se promocionara de forma conxunta cos productos pesqueiros.

“O que tiña que facer Besteiro o pasado sábado en Burela”, segundo González Barcia, “era anunciar unha actuación de promoción de todos os productos pesqueiros da Mariña, ou dos máis salientables, por toda España ou unha liña de axudas ás confrarías para a adquisición de vehículos, como fan as deputacións de Pontevedra e A Coruña, etc.”.

Exit mobile version