Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que a Deputación duplica gastos no novo orzamento

NOTA DE PRENSA:

O GPPP acusa a Deputacion de duplicar os gastos diversos con respecto o orzamento de 2009

* Os populares cuestionan que en epoca de crise a administración provincial na vez de impoñer a austeridade na partida adicada a protocolo e publicidade a duplica

Lugo, a 27 de xuño de 2010.- A Deputacion de Lugo continua a sua politica de despilfarro e, pese a crise economica que estamos a vivir e que obriga a todas as administracions a impoñer a contencion no gasto, os seus responsables optan por incrementar o orzamento adicado a protocolo e publicidade.

O Grupo provincial do Partido Popular esgrime datos para argumentar a sua critica. Se no orzamento de 2009 contemplabanse 2.088.930 euros para gastos diversos, o de 2010 case duplica esta partida o adicar a este fin 5.428.293 euros.

Para os populares esta practica non esta a altura das circunstancias e acusan os responsables da Deputacion de estar mais preocupados por fortalecer a sua imaxe que en solucionar os problemas da cidadania e de poñer en marcha accions que contribuan a mellorar a situación economica fomentando e apoiando os sectores productivos.

Un exemplo claro de culto a imaxe do presidente Jose Ramon Gomez Besteiro e o despisfarro dos fondos publicos que adican a este fin, que non e un feito puntual senon a practica habitual, foi a reunion mantida hai un dias nas instalacions do Museo do Mar a que o dirixente socialista acudiu acompañado dun sequito integrado por sete persoas e tres vehiculos. Se este e o despliegue do que fai ostentancion o presidente Besteiro para unha mera reunion de traballo, os populares preguntanse como sera cando acuda a encontros de maior entidade e importancia institucional.

Dende o GPPP avogan pola contencion dos gasto en actividades que non conlevan ningun beneficio productivo e a adicacion dos cartos que se aforren na aplicación destas medidas de contencion a promover actividades que incentiven os novos emprendedores ou as iniciativas empresariais en marcha, que, sen ningunha dubida, redundaran nun maior beneficio para a provincia e para os seus habitantes.

Exit mobile version