NOTA DE PRENSA
O PP afirma que a Xunta está a redactar un proxecto para as vivendas sociais da Rúa do Río.
Cambiarase o tellado dos edificios cun presuposto que ronda os cento dez mil euros.
Os populares afirman que a Xunta bipartita enganou ós veciños das Casas Baratas.
O GMPP de Burela manifestou hoxe que a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Vivenda, asinou o pasado cinco de Maio un contrato para a elaboración dun proxecto de renovación do tellado dos edificios das vivendas sociais da Rúa do Río. O presuposto aproximado destas obras será de cento dez mil euros, ainda que os populares non fixaron prazos para a execución da obra, porque dependerá da consignación presupostaria existente a tal efecto. De todos os xeitos, a decisión da Xunta de abordar a obra é firme.
Os populares lembraron que estas vivendas ainda dependen legalmente da Xunta de Galicia, e que a Xunta bipartita deixou un proxecto a medio facer porque non tiña consignación para elo. Desde o PP indican que todo o anterior foille comunicado a un grupo de veciños que se interesaron pola situación das vivendas.
No que se refire ás Casas Baratas, o PP reuniuse hai uns días con representantes dos propietarios, para comunicarlles a súa disposición de buscar unha solución para as súas vivendas dentro da normativa vixen, que desde o PP entenden que pasaría pola presentación dun proxecto destinado a conseguir unha subvención para arreglar os tellados das súas casas. Desde o PP indicaron que nos presupostos oficiais da Xunta de Galicia de 2008 e 2009, ambolos dous feitos pola Xunta bipartita, non hai consignación algunha con nome e apelidos para abordar esas obras. O único que se fixo, segundo o PP, foi un proxecto e sobre ese proxecto solicitar licencia municipal de obra, licencia que lles foi concedida de forma inmediata. Pero o certo é que a Xunta bipartita non chegou a adxudicar a obra, nin tan siquera a licitala, e eso que tivo tempo, porque o proxecto rematouse a finais de Outubro de 2008, e as eleccións foron en Marzo de 2009. E non puido facelo porque non tiñan consignación presupostaria para estas vivendas.
Polo tanto, desde o PP entenden que a Xunta bipartita e o bipartito burelés enganaron ós veciños, buscando soamente rédito electoralista e partidista, e deixaron ós veciños na estacada. Precisamente no pleno do pasado venres Nieves Cando non foi capaz de explicar porqué a Xunta bipartia nin adxudicou nin tan siquera licitou as obras das Casas Baratas.
O PP remata que tanto ós veciños do Río coma os das Casas Baratas dixémoslles a verdade. Con asuntos serios, como é a vivenda, hai que decir a verdade e non enganar, ainda que a verdade poida ser dura. Esa é a liña do PP. A de outros é a do engano e a da utilización dun asunta tan importante para as persoas coma este cun único fin de sacar rédito electoral. Agora, como o bipartito non foi capaz de facer nada, tentan cargarlle as culpas ó PP de forma descarada, cando os veciños saben perfectamente quen engana e quen di a verdade. Só lembrar que quen puxo en marcha o proceso para a redacción das escrituras das Casas Baratas e así facer oficial a propiedade das mesmas foi precisamente o PP.