Todo isto levoume a preguntarme: fai falta ter coñecementos científicos para ver a estafa que representa semellante produto? É necesario acudir á universidade, fai falta escoitar as conferencias do TED ou ler a Stephen Jay Gould para saber que se trata dun engañabobos revestido de linguaxe pseudocientífico? E a resposta é un non tan obvio que doe. O único necesario é un mínimo sentido común, por certo dicía meu abó Xesus de Regal, que era o menos común dos sentidos.
Durante as últimas semanas preguntei aos portapulseriñas que coñezo o motivo para lucir semellante timo. A resposta coincidiu na maioría dos casos: “bo, nunca se sabe, se cadra funciona”. E cada vez que oio iso imaxínome a un enfermo terminal que acepta, desesperado, o último tratamento experimental. Que teño que perder? Logo de todo, xa estou morto. Trátase, xa que logo, dun acto de fe; a mesma sensación imprecisa que a outros lles leva a aceptar a vida como un val de bágoas deseñado por non se sabe que poder supremo.
O que non sabedes e que as pulseriñas máxicas son un detector de encefalogramas planos terminais, a demostración de que, no século XXI, calquera cousa envolvida en plástico pode adquirir o status de Novo Xesucristo. Eses anacos de goma son a última moda en iconografía idiotízante para a masa sen capacidade crítica. Esas pulseiras, igual que os crucifixos, deberían ser prohibidas nos colexios. E por certo, lehendakari, tamén nos parlamentos.
E despois de todo isto estou completamente de acordo. A pulseira é un detector de idiotas. Así un pódeos localizar rápido e saber a que aterse.