Site icon Crónica3.com A Mariña

Dende hoxe dez socorristas atenderán as praias do concello de Cervo

CERVO .- O Concello de Cervo, a través da súa delegación de Protección Civil, puxo hoxe en marcha o Plan de Actuación en Praias Municipal que anualmente vén desenvolvendo nas praias do termo municipal marcado dentro do Plan Sapraga.

O equipo que vixiará e atenderá os areais cervenses estará formado por dez socorristas, dos cales un é patrón de embarcacións de salvamento. Cervo contará con unha lanchas para ese fin, ademais de cinco torres de vixilancia (doadas por Xestión de Mecenado), material de intervención e de primeiros auxilios. Así mesmo, as praias do Torno e da Caosa contarán tamén con senllos desfibriladores portátiles.

Como nos últimos anos, o servizo cervense de salvamento dará información diaria aos usuarios das praias, a través de megafonía e paneis informativos, do estado de mareas, a previsión do tempo e da radiación ultravioleta, así como consellos de autoprotección solar aos bañistas.

Tanto o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, como a concelleira de Protección Civil, Pilar Armada, e o xefe deste servizo, Mario Antuña, salientaron a labor feita neste eido polo concello de Cervo nos últimos anos, e lembraron que Cervo foi pioneiro na activación elaboración do seu propio Plan de Actuación Municipal de Salvamento en praias, cuxa redacción finalizou no ano 2006.

Ademais, o rexedor quixo salientar o aumento de efectivos para as tarefas de socorrismo nos areais cervenses, que pasaron de 7 a 10 efectivos “o que supón unha suba de preto o 50%” recalcou Villares. Para Villares, este aumento de persoal suporá unha mellora substancial respecto das tempadas estivais pasadas “porque poderemos dar unha mellor cobertura para os bañistas e tamén nos vai a permitir ter en mellores condicións de limpeza os nosos areais, o que irá en beneficio de todos os usuarios das nosas praias e tamén, como non, dos veciños e veciñas de Cervo”.

Exit mobile version