A Escola Municipal de Música está a rematar o Curso 2009/2010 cunha serie de actividades que comezaron cun concerto de música diante de tódolos alumnos e profesores do colexio. No concerto participaron tódolos alumnos e profesores da escola. Para rematar as actividades de este ano, o mércores 30 de xuño, no antigo Colexio de Palmeiro, ás 17:00 horas será a entrega de notas aos alumnos e alumnas, ás 17:30 hors haberá un concerto dos alumnos dirixido especialmente aos pais e rematado o concerto, vai haber unha pequena festa final de curso.
Concerto da escola municipal de música no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove
Concerto da escola municipal de música no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela