CERVO .- As concelleiras de Cultura e Xuventude, e de Educación do Concello de Cervo, Chelo Gallego e Yolanda Pedreira, presentaron no día de hoxe a programación de actividades de verán dirixida aos máis novos, a rapaces e rapazas nacidas entre os anos 1998 e 2006.
Entre as actividades previstas nas mañás dos meses de xullo e agosto, de 11 e 13 horas, e de luns a venres, os rapaces poderán divertirse con xogos inchables, pinturas, pesca, fotografía dixital, ludociencia, xogos tradicionais na praia, sendeirismo, xincanas, castelos na area, multideporte, manualidades, e así un longo etcétera.
Gallego e Pedreira subliñaron tamén que os nenos e nenas poderán converterse en detectives urbáns… e participar nun millón de actividades para aprender, divertirse, para estar cos amigos e para facer novos amigos.
O Concello de Cervo distribuirá por correo un folleto coa información sobre estas actividades e coa correspondente ficha de inscrición. En todo caso, a presentación informativa aos pais e nais, e aos máis pequenos terá lugar o venres 2 de xullo na Casa do Concello ás 20 horas.
As concelleiras do Goberno municipal subliñaron que o número de prazas é limitado e, polo tanto, se atenderá as solicitudes por rigorosa orde de inscrición