Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo distribúe camisetas entre escolares co gallo do día do Medio Ambiente

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Cervo, que preside a popular Pilar Armada, distribuíu esta mañá camisetas alusivas ao respecto do Medio Ambiente co slogan “Cervo Respecta” entre os nenos e nenas do Punto de Atención Infantil (PAI) e dos dous centros de ensino primario do municipio. Esta é unha actividade encadrada no programa de actos organizados polo Concello de Cervo para conmemorar o día internacional do Medio Ambiente que tivo lugar o pasado sábado e no que tamén se enmarcou o 1º certame fotográfico “Cervo Respecta”

Exit mobile version