Nota de Prensa
Delegación de Medio Ambiente
O Sr. Alcalde de Lourenzá, a Concelleira de Medio Rural e a Presidenta da IXP Faba de Lourenzá en Cerceda.
XORNADA DE EXALTACIÓN DA FABA DE LOURENZÁ NA MANCOMUNIDADE DE ORDES (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo)
* A Faba de Lourenzá foi a protagonista na mañá do sábado da Xornada de CERCEDA CONTIGO.
* A cociña foi da man de Suso Liste, cociñeiro habitual da Festa de Interese Turistico Galego que se celebra no Concello durante o primeiro fin de semana de Outubro.
Lourenzá, 8 de xuño do 2010.- Na mañá do pasado sábado 5 de Xuño a Faba de Lourenzá, a Leguminosa mais famosa da Mariña foi protagonista indiscutible da Xornada dentro do progama Cerceda Contigo.
A organización do evento, có ánimo de desenvolver un programa diverso, atractivo e novedoso considerou oportuno celebrar unha Xornada de Exaltación da Faba de Lourenzá na Mancomunidade de Ordes, concretamente no Parque Acuatico de Cerceda. A este evento acudiron o Alcalde de Lourenzá, Vidal Martinez-Sierra, a Concelleira de Médio Rural, Emma Alvarez e a Presidenta da IXP Faba de Lourenzá, Gema Iglesias Recalde.
A Faba de Lourenzá ten renome bastante como para adicarlle unha xornada na que a súa exaltación e promoción serviu tamén como nexo de unión e interrelación do concello productor cós concellos da Mancomunidade de Ordes, facendo que os seus veciños puideran degustar as Fabas de Lourenzá e ser partícepes da súa festa, prólogo da que se celebrará como de costume no primeiro fin de semana de outubro.
Entre os asistentes ao evento atoparonse veciños de distintos concellos da Mariña que programaron viaxes a inauguración da tempada de verán do Parque acuatico.
As especialidades que se puideron degustar foron Faba de Lourenzá con carne e Faba de Lourenzá com productos do mar ao prezo de 6 €/ración, prezo no que ia incluída a taza conmemorativa e o pan.