Site icon Crónica3.com A Mariña

CC.OO, CIG, UGT,CSIF, SAE, SATSE e SLG apoian a Plataforma para a Defensa da Sanidade na Mariña

A MARIÑA .- Os sindicatos CC.OO, CIG, UGT,CSIF, SAE,SATSE e SLG comprometéronse a apoiar as demandas da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña que lles trasladou ás organizacións sindicais a preocupación pola perda de calidade asistencial na Mariña

Nota de Prensa

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña trasladou ás organizacións sindicais a preocupación pola perda de calidade asistencial na Mariña

A Plataforma pediu a representantes dos sindicatos apoio para manter un servizo sanitario público e de calidade na Mariña tanto na asistencia primaria como especializada

CC.OO, CIG, UGT,CSIF, SAE,SATSE e SLG comprometéronse a apoiar as demandas da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña

A Mariña, 14 de xuño de 2010. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Mariña prosigue o seu calendario de reunións con diferentes sectores sociais da comarca da Mariña. Na xuntanza mantida hoxe con representantes das organizacións sindicais para trasladarlles a preocupación pola creación dunha Área Sanitaria única para a provincia de Lugo, centralizando a xestión tanto hospitalaria como dos centros de saúde en Lugo comprobaron a sensibilidade e compresión das forzas sindicais con este tema que adiantaron o apoio das súas organizacións á mobilización que terá lugar o sábado 26 en Burela. Tanto representantes sindicais como a Plataforma coincidiron en que os discursos da Consellaría de Sanidade son contraditorios en si mesmos e coa propia realidade dos pasos que a Xunta de Galiza está dando de cara a un modelo de xestión sanitaria que en nada beneficia a calidade asistencial na comarca da Mariña e por extensión no conxunto do país.

As centrais sindicais comprometéronse a apoiar as demandas da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña

As centrais sindicais comprometéronse na reunión mantida hoxe con representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña a apoiar a mobilización convocada para o próximo 26 de maio en Burela que sairá do Hospital da Costa de Burela ás 12hrs.Os e as representantes sindicais difundirán as demandas da Plataforma entre a súa afiliación e nos centros de traballo da comarca que terán cumprida información da táboa reivindicativa da Plataforma social. Tanto a representación sindical como a plataforma coincidiron en sinalar que o discurso contraditorio de representantes da Consellaría de Sanidade son preocupantes en extremo e isto vese incrementado por feitos como a publicación do “Borrador do Decreto de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada” que en nada beneficia á Área Norte de Saúde que hoxe ten como hospital de referencia o Hospital da Costa de Burela, así como tamén criticaron con firmeza o modelo privatizador da sanidade pública que o actual goberno da Xunta empeza a aplicar importando un sistema que xa fracasou noutras comunidades sustentadas pola mesma formación política que hoxe goberna en Galiza.

A Plataforma continuará difundindo entre a sociedade mariñá a necesidade de defender un servizo sanitario público e de calidade na Mariña

A Plataforma continuará o seu traballo para difundir entre a sociedade mariñá a necesidade de participar activamente no resgardo dunha sanidade próxima, pública e de calidade; non ten sentido que os veciños e veciñas da comarca teñan que seguir facendo centos de quilómetros de distancia para recibir tratamentos ou facer probas que poderían facerse na comarca. Na mesma liña argumentaron que a parálise do Plan Mellora está a provocar unha importante merma no persoal dos centros de asistencia primaria da comarca nos que faltan 24 profesionais de acordo con este plan que fora aprobado polo anterior goberno galego e tiña o apoio organizacións profesionais do sector, sociedades científicas e os sindicatos.

As demandas da plataforma seguen sen contestación por parte da Consellaría de Sanidade

A Plataforma insistiu en que a Consellaría de Sanidade está a tempo de dar pasos para a desconvocatoria da mobilización do 26 de xuño e sería bo que o fixese, “a independencia da Área Sanitaria da Mariña, a dotación de fondos e execución o Plano estratéxico do Hospital da Costa e execución do Plan mellora para atención primaria” están na man da Consellaría, remataron.

Exit mobile version