Ademais teño que dicir que lle pasa coma o can do hortensia…”nin traballa nin deixa traballar” ou era “nin come nin deixa comer”. Boa falla nos fai que se acolla a dedicación exclusiva porque a ollos vistos está, que hai moito que facer, e o que está feito ten moito que desexar. Póñase mans a obra e deseñe un plan turístico, faga algo mais por este marabilloso concello de Barreiros cheo de recursos desaproveitados. Por que Barreiros é moitísimo mais que un mantel de menú do dia: onde plasman unhas rutas de sendeirismo, catro fotos de praias ou unha guía de teléfonos. Non digo que están mal digo que son insuficientes. Porque Barreiros ten cultura propia, festas, tradicións, artesanía, un envidiable patrimonio paisaxístico e xente con moito que dicir. A hostalería do concello, cada vez mais afogada necesita axuda pero unha axuda dinamizadora do medio e para o medio, dotar de mobilidade os visitantes para romper ese turismo estacionario, que comunique a zona das praias co centro e sur do concello, ¡será por empresas de transporte! Ou é que non sabe que as hai. A aseguranza permanente do subministro de auga, sobre todo na época estival. Da recollida de lixo non hai queixa, pero si do caso omiso que fan das miñas peticións sobre a fixación dos contedores. Estamos cansos a miña muller e eu de recoller a merda estrada polos campos que sae dos contedores cando caen pola forza do vento, e ese traballo é gratuíto señor alcalde é de sentido común. Porque sen estas premisas malamente se poderá dar un servizo de calidade e con garantías, polo menos dar un pouco de boa imaxe.
Atenda a todos os veciños e non veciños por igual porque tanto dereito teño eu a ter servizos públicos, coma os que teñen a súa segunda residencia en Barreirose e disfrutan todo o ano do alumeado público entre outros. Xa que o concello non fai os deberes… que saiba que me parece ben que apoie iniciativas privadas para a obtención por parte dos veciños os servizos públicos. Pero mire ben a quen apoia non o deixen en evidencia…
Faga o que queira e que non lle pareza mal pero pídolle que abandone a demagoxia e ese triunfalismo populista no que vive e dicir “O seu mundo”, preocúpese de verdade polos veciños porque non o está a facer, nin lle importa a situación na que vivimos unha importante cantidade deles, impórtanlle mais polo que se pode ver as grandes promotoras. Deixe de politízalo todo porque si vou o concello reclamar o que teño dereito non quer dicir que sexa eu a oposición, pero tampouco se crea vostede o dono do concello… non esqueza que a soberanía a ten o pobo, e sexa un veciño mais porque o final cando un ten problemas de quen antes bota man e dos veciños.