Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela cifra en máis de 2 millóns de euros os danos do temporal, “nunha valoración moi provisional”

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela cifra en máis de dous millóns de euros os danos causados polo temporal de auga destes días. O rexedor asegura que “se trata dunha valoración moi provisional, porque ainda están a aparecer cousas que días atrás non se podían ver ben. Ésta foi a estimación que lle fixemos chegar este mediodía á Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente”.
Alfredo Llano acompañou ao presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na visita que cursou esta tarde a Burela. O alcalde contou que “temos aquí moita maquinaria e moitos operarios da Deputación traballando para que Burela volte o antes posible á normalidade. Estamos traballando no Monte Castelo para limpar todo aquelo, e tamén estamos centrándonos en solares e en patios de veciños que se viron moi afectados polas inundacións do mércores e do xoves”. Llano engadiu que “o presidente veu a comprometer aquí axuda material para que se traballe rápido e para que recuperemos a normalidade o antes posible”.

Exit mobile version