Nota de Prensa
O SR. VILLARES TRADUCE A SÚ A INEPTITUDE EN RESENTIMENTO POLÍTICO A PERDA DA BANDEIRA AZUL SO TEN UN RESPONSABLE E É ALFONSO VILLARES, ¿DENDE CANDO A OPOSICION TEN RESPONSABILIDADES DE GOBERNO?
CERVO, 07 DE XUÑO. Dende o GMS queremos recordarlle ao Sr. Villares que leva no equipo de goberno máis de 11 anos, e que o saneamento de San Ciprian e necesario dende hai moito tempo , recordarlle tamén que se houbo que rescindir o contrato foi novamente polo ineptitude e incompetencia do Alcalde dado que o único compromiso que se lle pedía por parte da xunta era poñer os terreos a disposición.
Compromiso que non puido executar xa que os terreos iniciais non eran aptos para albergar a EDAR polo que se tivo que cambiar de ubicación e isto supuxo a modificación do proxecto.
Polo tanto unha vez mais ponse de manifesto a incapacidade para xestionar os problemas municipais, e ante esta incapacidade o fácil e votarlle a culpa ao “veciño” .
Recordarlle tamén que grazas a xestión do bipartito de que o saneamento de San Ciprian fora financiado a través do Goberno Central polo Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño e polo que tamén se vai dotar de saneamento ao núcleo de Cervo e de Figuerido, anteproxecto feito polo Goberno bipartito.
Esa mesma culpa e a que trata agora de votarlle aos Socialista Cervenses ante a perda de outra bandeira azul dos areais do Concello, dende o GMS xa nos preguntabamos a quen lle tocaria nesta ocasión levar a culpa se o Goberno Central, a anterior xunta, a crise, o anterior Alcalde pero nunca pola mente se nos pasou de que a culpa a levara a oposición do concello.
O Sr. Villares ten que madurar politicamente e deixarse de actuar coma un neno co “Ti Mais”, e darse de conta de que, quen ten responsabilidades de goberno en ningún caso e a oposición do Municipio, senón o equipo de Goberno e o seu máximo responsable, o seu Alcalde.
Dicirlle ao Sr. Villares que interprete ben o que le, xa que dende o GMS non falamos de perda de dotacións, senón que recordabamos que non estaba obrigado a prestar determinados servizos e que lle esixiamos que non merme os servizos das praias do noso Concello.