Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada unha iniciativa do PSOE para impulsar a lousa como material de cuberta das edificacións en Galicia

Nota de Prensa

APROBADA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA IMPULSAR A LOUSA COMO MATERIAL DE CUBERTA DAS EDIFICACIÓNS EN GALICIA

– A deputada socialista Carmen Acuña advertiu que a crise económica está afectando este sector “con notables efectos sobre o emprego e provocando unha serie ameaza para a subsistencia destas comarcas do interior e do rural galego ata o de agora vivas e prósperas”

– Lembra que dende o Grupo Parlamentario Socialistas solicitamos insistentemente ao Goberno de Feijoo “medidas específicas de apoio para este sector que sofre a crise dobremente”.

– Explica que as limitacións, polas que protesta o sector, convertese nalgún casos en prohibición absoluta de utilización da lousa como material de cuberta, sen motivación algunha

Santiago, 24 de xuño de 2010. A deputada do PSdeG-PSOE Carmen Acuña interveu hoxe na Comisión 2ª para defender unha proposición na que reclamou que no trámite da aprobación dos planeamentos municipais se extreme o exame sobre as limitacións que poidan conter en canto a utilización da lousa como material de cuberta das edificacións, que recomende aos concellos de Galicia en proceso de revisión do seu planeamento a que na súa normativa urbanística non inclúan disposicións contrarias á utilización da lousa como material de cuberta, e que informe adecuadamente aos concellos deste acordo. A inciativa foi aprobada por unanimidade.

A deputada socialista presentou esta inactiva por mor das constantes queixas da Asociación Galega de Pizarristas (AGP), no que atinxe as limitacións que algúns planeamentos municipais incorporan na súa normativa respecto ao uso da lousa como material de cubrición das edificacións.

Na súa intervención Acuña subliñou que España é o primeiro país do mundo da lousa cun volume de exportación que sobrepasa 80% das lousas extraídas e elaboradas, e Galicia é a primeira Comunidade Autónoma do Estado español en producción da lousa cunha cifra próxima ao setenta por cen da producción nacional. Relatou que a producción e transformación da lousa nas comarcas productoras: Valdeorras, Quiroga, Mondoñedo, Fonsagrada, Ortigueira, é o motor da súa economía e o maior xerador de emprego, tanto directo como indirecto e inducido

Así as cousas a deputada advertiu que a crise económica está afectando este sector “con notables efectos sobre o emprego e provocando unha serie ameaza para a subsistencia destas comarcas do interior e do rural galego ata o de agora vivas e prósperas”, asegurou. Nese senso lembra que dende o Grupo Parlamentario Socialistas solicitamos insistentemente ao Goberno de Feijoo “medidas específicas de apoio para este sector que sofre a crise dobremente”.

Acuña explica que as limitacións, polas que protesta o sector, convertese nalgún casos en prohibición absoluta de utilización da lousa como material de cuberta, sen motivación algunha.  Di que esta restriccións excedénse do contido normativo da lexislación vixente, na que apunta que “a única limitación para o uso dos materiais das cubertas é en relación coa harmonización coas construccións tradicionais existentes.  É dicir, a existencia, a coexistencia, tradicional dos materiais empregados, a protección da paisaxe e o medio ambiente, e sempre referidas a edificacións situadas no solo rústico e de núcleo rural.”, aseverou.

A deputada ourensá  asegura que sorprende que algúns planeamentos municipais prohiban a utilización da lousa en todo o termo municipal. Xa que relata que estas determinacións afectan á esfera local e se encadran dentro das potestades discrecionais da administración en materia de planeamento urbanístico, non debemos esquecer que tal discrecionalidade non pode ser arbitraria, requiríndose a motivación de tales decisións.  Motivación que segundo puidemos constatar brilla habitualmente pola súa ausencia.

Con estes argumentos replica que xa que “Galicia é o primeiro productor mundial deste materia, e considerando a importancia do sector na economía galega, resulta difícil de entender as limitacións que se impoñen a súa utilización alleas, ademais, ao ordenamento urbanístico vixente”.

Exit mobile version