Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante o Apóstolo

O historiador R. Salgado Toimil, alá polos anos vinte do pasado século, referíase ás peregrinacións pola bisbarra e á importancia que nelas tivera San Martiño de Mondoñedo, do que di “no estuvo fuera de la órbita de las romerías jacobeas, ni sustraído a sus influencias”.Alude á hospedería ou hospital “en el que hacían mansión los que de luengas tierras a Galicia venían”.”Que no eran pocos los que por aquí pasaban se sabe al haber sorprendido la muerte a buen número de ellos en este hospital”. Alemáns, franceses, ingleses, italianos elexían a ruta norte astur-galaica, menos vulnerable ó estar mais a cuberto das correrías musulmanas, tan frecuentes nos séculos IX/XIII.¿Por onde de San Martiño, cara a Compostela, seguían os camiñantes? Toimil di que uns pola beiramar cruzando a ponte de ferro en Fazouro e seguir por Nois, Cervo, Viveiro-Landrove… e outros polos atallos de Oirán ou San Acisclo, Castro de Ouro, Adelán e Viloalle vir caer a Mondoñedo “desde donde por Lindín seguían a la catedral de Santa María de Lugo”, ou por Gontan e Vilalba “pues los caminos de Santiago se multiplicaban”. Estas rutas, de atallos e calzadas, preferianas á volta, como se desprende de vellas escrituras de San Martiño, que moitas refírense a peregrinos que tornaban de Compostela, ou porque ás veces quedaba o corazón prendido no camiño, según a canción do romeiro: “ Indo eu para Santiago / na ponte de Sigüeiro / chameille a un vello meu sogro / e saleume verdadeiro”. A importancia de San Martiño na historia das peregrinacións é indudable. Pero o lapsus cometido no trazado oficial do Camino Norte fixo que quedase esquecido. Dende hai catro anos a Asociación Abrindo Camiño ven traballando por recuperalo, engadindo a suxerencia de chegar a aquela basílica bordeando o mar dende Ribadeo. Co fin de potencialo, percorreo o itinerario de ida e volta de Oviedo a Santiago, en etapas, realizou señalizacións, levouno a foros relacionados co Camino Norte e o día 27 remata o periplo en Compostela a onde viaxarán preto de 200 persoas e, ante o Apóstolo, facer a invocación e presentar a  ofrenda. Trátase de recuperar San Martiño, dotalo de albergue e oficializar a ruta marítima á súa basílica.
Suso Fernández

Exit mobile version