Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta agarda por “un paquete integral de axudas” do goberno central para os danos do temporal

SANTIAGO .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, recordou hoxe no Parlamento galego que a Xunta de Galicia aprobou un decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos polas inundacións do temporal Doris, mediadas que aínda non se concretaron e que segundo explicou proximamente se publicarán varias ordes das distintas consellerías para concretar estas axudas. Rueda agarda que o goberno central habilite un paquete integral de axudas para os danos das chuvias.

Nota de Prensa

RUEDA
O conselleiro de Presidencia agarada por “un paquete integral de axudas” do goberno central para danos do temporal
SANTIAGO .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, recordou hoxe no Parlamento galego que a Xunta de Galicia aprobou un decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos en 17 concellos afectados polas inundacións provocadas polo temporal Doris, que afectou especialmente á zona da Mariña lucense e explicou que proximamente se publicarán varias ordes das distintas consellerías para concretar estas axudas.

Nota de Prensa

RUEDA AGARDA QUE O GOBERNO CENTRAL HABILITE UN PAQUETE INTEGRAL DE AXUDAS PARA OS DANOS DAS CHUVIAS NA MARIÑA

A Xunta xa aprobou un decreto de medidas urxentes que será desenvolvido a través de varias ordes de distintas consellerías

Santiago, 23 de xuño de 2010.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, recordou hoxe no Parlamento galego que a Xunta de Galicia aprobou a pasada semana un decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos en 17 concellos afectados polas inundacións provocadas polo temporal Doris, que afectou especialmente á zona da Mariña lucense.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, Rueda explicou que proximamente se publicarán varias ordes das distintas consellerías para concretar estas axudas e agardou que o Goberno central siga o exemplo da Xunta e aprobe un paquete integral de axudas para paliar os danos, tal e como habilitou noutras catástrofes como foron as inundacións en Andalucía.

O titular de Presidencia recordou que o Goberno galego tivo unha resposta inmediata ante os acontecementos, desprazándose dous conselleiros á zona afectada dende o primeiro momento, mobilizando o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, establecendo un posto de mando avanzado e mobilizando todos os recursos para minimizar os danos. Unha vez superados os efectos inmediatos do temporal, a Xunta aprobou un decreto de medidas urxentes, sobre a base das conclusións emitidas no informe elaborado pola Axencia Galega de Emerxencias.

Ademais, a Xunta apostou pola colaboración institucional e a implicación de todas as Administracións e , nese sentido, Rueda apuntou que neste tipo de situacións de emerxencia requírese a suma de esforzos e traballo coordinado, polo que insistiu unha vez máis na necesidade de crear unha comisión entre administracións para poñer en común a información relativa aos danos, realizar unha valoración precisa e determinar o esforzo financeiro que debe asumir cada administración.

NA MARIÑA

Exit mobile version