Site icon Crónica3.com A Mariña

A reapertura do Eido Dourado foi punto de encontro cultural o sábado

A reapertura do Eido Dourado congregou o sábado en Barreiros a un público variado que participou e disfrutou dos actos programados. Entre os asistentes atopábanse Mini e Mero, Nuria de León e Xurxo Varela, Habelas Hainas e Ugia Pedreira, os escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo e os actores Miguel de Lira, Pepe Penabade e Comba Campoy. Despois do acto de reapertura os asistentes puideron ver a nova exposición pictórica de Celso Dourado e departir co artista barreirense e cos seus convidados no viño e nos pinchos que se serviron para poñer fin á tarde.

Exit mobile version