Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do concello de Burela acolle a exposición fotográfica “Lembranzas do mar II” ata o mes de setembro

BURELA (FNC). O alcalde, Alfredo Llano e a concelleira do Mar, Remedios López, inauguraron a exposición fotográfica Lembranzas do mar II.

Remedios López lembra que “ésta é unha homenaxe que a Concellería do Mar  dedica a todas aquelas xentes que axudaron e participaron de distintas formas a que Burela saíra adiante e fora coñecida, a través da historia, pola súa tradición mariñeira da pesca artesán de gran calidade”.

Esta exposición consta de 45 paneis de 1×1,5 m que relatan a través de fotos imaxes da pesca, dos barcos, das xentes, das redeiras… imaxes de actividades paralelas á pesca como a conserveira, o transporte de caolín, o transporte da madeira… imaxes de procesións, de afundimentos, de botaduras… A exposición ao aire libre pódese ver na praza do Concello onde estará castro meses. A edil socialista sinala que “se recollerá a finais de  setembro para que as inclemencias metereolóxicas non deterioren os paneis”.

Esta exposición faise con fotos procedentes do arquivo fotográfico da Concellería do Mar e do arquivo fotográfico que cede de forma altruísta, a familia de Arcadio Pardiñas e a asociación Casas Baratas.  Remedios López apunta que “o arquivo fotográfico permanece aberto e todas aquelas persoas que teñan fotos antigas relacionadas co mundo do mar e queiran velas expostas na próxima exposición. Os interesados poderán traelas ao Concello onde lle faremos unha copia e devolveremos intactos os orixinais”.

A concelleira do Mar engade que “Lembranzas do mar II dalle continuidade á  exposición fotográfica anterior, ubicada na actualidade no peirao, e segue a plasmar o  transcurso de cen anos de recordos da nosa forma de vivir. A pesca segue a ser un dos inxectores da economía da Mariña, o que antes era unha actividade estival agora convertese nun oficio próspero e competitivo,  grazas a el conséguense importantes ingresos económicos e turísticos que fan que Burela se desenvolva e medre”.

Exit mobile version