Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade de A Mariña critica o alcalde de Foz e A Pontenova por defender a Plataforma Sanitaria

FOZ .- A Mancomunidade de Municipios da Mariña, que preside o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, acordou “expresar o seu agradecemento ao goberno galego polo compromiso adquirido para fortalecer e dotar de máis competencias a área sanitaria do norte lucense”. Según Fuente Parga os concellos de A mariña rexeitan a moción e os argumentos da plataforma sanitaria que defendeu o alcalde de Foz.

Nota de Prensa

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA AGRADECE AO GOBERNO GALEGO O COMPROMISO DE FORTALECER E DOTAR DE MÁIS COMPETENCIAS Á AREA  SANITARIA  DO NORTE LUCENSE

* Os alcaldes valoran moi positivamente que Feijoo adiantara que o xerente de Burela  xestionará  tamén os centros de saúde da comarca que ata o de agora dependían de Lugo

* Os concellos rexeitan maioritariamente a moción “catastrofista” e os argumentos da plataforma sanitaria que defendeu en solitario o alcalde de Foz

A mancomunidade de municipios da Mariña lucense acordou na reunión celebrada na tarde de onte en Foz expresar o seu agradecemento ao Goberno galego polo compromiso adquirido para fortalecer e dotar de máis competencias a área sanitaria do norte lucense. Os alcaldes valoraron moi positivamente que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,  adiantara que o xerente de Burela  xestionará tamén os centros de saúde da nosa comarca, que ata o de agora dependendían de Lugo.

Os concellos da Mariña rexeitan deste xeito maioritariamente a moción “catatrófista” e  os argumentos empregados pola plataforma sanitaria en defensa da área norte sobre un “falseo e inexistente” desmantelamento do Hospital da Costa. Coa única excepción do Alcalde de Foz,  que se quedou solo defendendo os argumentos deste colectivo promovido por PSOE e BNG, os representantes dos concellos mariñaos manteñen que lonxe de perder competencias e poder de  decisión a área sanitaria da Mariña mellorará a súa xestión, autonomía e aumentará os servizos que se prestan no centro hospitalario.

As teses da plataforma sanitaria defendidas en exclusiva polo Alcalde  de Foz, sumaron tamén a posición favorable dos representantes do concello da Pontenova na  mancomunidade, curiosamente pese a que este municipio non forma parte da área sanitaria da Mariña lucense. A devandita circunstancia amosa con claridade que as críticas sobre o sistema de saúde pública agochan un interés partidista e político.

Aos concellos da Mariña dun xeito maioritario non lles convencen os argumentos da plataforma sanitaria, nin apoian a súa mobilización, porque ademais as críticas deste colectivo non se sustentan en ningún feito e contradicen dun xeito fragrante os distintos pronunciamentos que veñen de  facer ante os medios de comunicación e no propio Parlamento de Galicia, tanto os  reponsables da Consellería de Sanidade como incluso Presidente da Xunta.

Os concellos da Mariña defenderán sempre a  mellora do  sistema público de  saúde na nosa comarca, “moi deteriorado pola mala xestión do anterior Goberno bipartito” e están convencidos de que o fortalecemento e ampliación de competencias do director xerente  da área sanitaria de Burela (norte lucense) será positivo e servirá de grande apoio para acadar este obxectivo.

Exit mobile version