BURELA (FNC).- A responsable de Mar do concello de Burela asegura que “os concellos quédanse sen poder convocar postos de traballo importantes para o desenvolvemento de diversas actividades” pola “austeridade que está a levar adiante a Xunta de Galicia”, e afirma que Burela “creará unha partida de persoal para seguir a fomentar o emprego nos seus veciños e publicitar as súas infraestruturas”. Así, oferta unha praza de auxiliar de apoio nas tarefas de organización e información do barco museo Reina del Carmen, que “todos os anos entraba este posto nos plans de cooperación”.
Nota de Prensa
O CONCELLO OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE APOIO NAS TAREFAS DE ORGANIZACIÓN E INFORMACIÓN DO BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN.
Burela, 21 de xuño de 2010. O Concello oferta unha praza de auxiliar de apoio nas tarefas de organización e información do barco museo Reina del Carmen.
A edil de Mar, Remedios López, explica que “a proba será mediante concurso de méritos dándolle preferencia ás titulacións náutico-pesqueiras e posteriormente haberá unha entrevista. A titulación esixida para poder acceder a este posto será a de graduado en educación secundaria, FP1 ou equivalente”. A contratación será por un período de 3 meses en época estival a xornada completa, mediante un contrato de obra ou servizo determinado.
A concelleira socialista sinala que “todos os anos entraba este posto nos plans de cooperación pero dada a austeridade que está a levar adiante a Xunta de Galicia os Concellos quédanse sen poder convocar postos de traballo importantes para o desenvolvemento de diversas actividades. Con todo iso o Concello de Burela creará unha partida de persoal para seguir a fomentar o emprego nos seus veciños e publicitar as súas infraestructuras”.