Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación pon en marcha unha iniciativa para substituír as marquesiñas nos concellos

LUGO .-  A Deputación pon en marcha unha nova liña de cooperación para substituír as marquesiñas nos concellos, xa adquiriu 125 por valor de 215.000 euros, que serán distribuídas nos 66 municipios, agás o de Lugo por ser o que conta co maior número de habitantes e ten un maior presupostos. Priorizarase a instalación nas estradas da rede viaria provincial e nos espazos públicos urbanos

Nota de Prensa

A Deputación pon en marcha unha nova liña de cooperación para substituir as marquesiñas nos Concellos

– O organismo provincial xa adquiriu 125 por valor de 215.000 euros, que serán distribuidas nos 66 municipios, agás o de Lugo por ser o que conta co maior número de habitantes e ten un maior presupostos

– As entidades locais poderán facer as solicitudes ata o 19 de xuño e priorizarase a instalación nas estradas da rede viaria provincial e nos espazos públicos urbanos

– A Deputación prorroga por un ano o seguro de responsabilidade patrimonial, destinado á cobertura dos accidentes producidos nas vías da súa titularidade

– Apróbase a continuidade dos servizos de vixilancia e control dos edificios da Deputación para garantir a seguridade dos mesmos e a das valiosas pezas que se atopan no Museo

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, anunciou este venres que a Deputación vén de adquirir 125 marquesiñas de madeira por valor de 215.760 euros. Gato Soengas explicou que se trata dunha nova liña de colaboración que está destinada a todas as entidades locais, agás a de Lugo por superar ser o municipio que conta co maior número de habitantes e con máis posibilidades orzamentarias.

“Acabamos de enviar unha circular ós Concellos na que se lles anuncia que a Deputación inicia a substitución ou a nova instalación de marquesiñas, xa que moitas das actuais presentan deficiencias e son practicamente inutilizables”. Neste senso, Gato Soengas subliñou que “damos un paso máis na cooperación máxima cos Concellos da provincia. Trátase dunha actuación que, cobra máis importancia se temos en conta que en moitos dos lugares nos que se ubican as máis das 250 actuais, son empregadas como lugares de reunión e de encontro das persoas maiores”.

As entidades locais, quenes deberán presentar a súa solicitude antes do día 19 de xuño, terán que sinalar as zonas nas que se pretende instalar as marquesiñas (vía provincial, punto quilométrico, parroquia, espazo urbano, etc). Por orde de preferencia, os criterios que van rexer o proceso son a instalación en vías da rede viaria provincial e, como segunda opción,  a ubicación en espazos públicos urbanos.

Seguro para accidentes nas vías provinciais

A Xunta de Goberno aprobou este venres a prórroga do contrato do seguro de responsabilidade civil e patrimonial da Deputación polo prazo dun ano por importe de 128.429 euros. Este foi un sistema que puxo en marcha o actual equipo de goberno en xuño de 2009 para cubrir os accidentes que teñen lugar nas estradas da rede viaria provincial.

“Trátase dunha iniciativa de extraordinaria importancia e que supuxo un antes e un despois na xestión desta Deputación, xa que nos permite garantir a seguridade dos veciños e dos usarios das vías da Deputación ó tempo que permite que aforramos cartos”.

Como exemplo, Antonio Gato lembrou o suceso acontecido en abril de 2004 na CP 2901, en Palas de Rei, cando un particular chocou contra un árbol, o que propiciou que sofrise lesións de importancia que lle produciron unha minusvalía do 88%. A Deputación fora condenada a pagar preto de 1 millón de euros, “polo que en caso de que se o sinistro se houbera producido hoxe, coa póliza actual a Deputación aforraría esta indemnización, ademais do traballo dos letrados que tamén podría cuantificarse como gasto”.

Vixilancia nos edificios da Deputación

Tamén se deu o visto e prace á prórroga do contrato de servizos de vixilancia e control de edificios e dependencias da Deputación por un importe de 907.670 euros. “Antes de que chegara este equipo de goberno non existía ningún tipo de control neste eido. Por poñer un exemplo, o Museo Provincial non contaba con cámaras de seguridade, o cal é inadmisible polo enorme valor que teñen algunhas das pezas que nel se atopan”.

Nestes momentos, nas dependencias da Deputación hai 44 cámaras. O Pazo de San Marcos conta con 6 que supervisan tanto a parte frontal e os laterais, como a parte posterior onde están os xardíns, acceso de vehículos a garaxes e o “hall” principal para controlar as entradas e as saídas do mesmo.

No Pazo dos Deportes hai 3, unha no “hall” e dúas na parte posterior para o control perimetral; no Museo 29, que está repartidas polas diferentes salas, na entrada principal e na parte posterior; e no INLUDES 6, unha situada na entrada e o resto no exteriror do edificio para supervisar o perímetro do mesmo.

Asimesmo, aprobáronse doce contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Suman un total de 154.386 euros, dos que a Deputación achega 106.349. Pertencen ós Concellos de Castro de Rei, Chantada, Monforte de Lemos, O Incio (2), Monterroso, Trabada, Tabaoda, Sarria, Portomarín, Mondoñedo e Baralla.

Exit mobile version