Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza obradoiros de verán e unha viaxe ao Aquapark

LOURENZÁ .- A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza actividades de verán e unha viaxe ao parque acuático de Cerceda, será un obradoiro de pintura en táboa e un obradoiro de manualidades

Nota de Prensa

A Concellería de Xuventude do Concello de Lourenzá informa que está aberto o prazo para apuntarse nas actividades que para os máis novos do Concello se van desenvolver durante as vindeiras vacacións de verán.
Todos aqueles interesados en participar poden anotarse ata o xoves, 1 de xullo na Biblioteca Municipal (OMIX de Lourenzá), en horario de 18 a 20 horas, ou ben no teléfono 982 12 15 52 (no mesmo horario).
Para os nenos de 5 a 8 anos organízase o Obradoiro de Manualidades, que se levará a cabo nas mañás da segunda quincena de xullo nas dependencias da Casa da Xuventude. E para os nenos e rapaces de 9 a 14, durante a primeira quincena de xullo,organízase o Obradoiro de Pintura en táboa, que tamén se celebrará na Casa da Xuventude en horario de mañá.
Cabe recordar que as prazas son limitadas en ámbolos dous casos, e que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición.
Por outra banda, tamén abrimos o prazo de anotarse para a viaxe ao Parque  Acuático (AQUAPARK de Cerceda) que, como vén sendo habitual nos últimos anos, vimos organizando por estas datas estivais. Será o mércores, 14 de xullo, para nenos a partir de 6 anos; as prazas son limitadas, e a data de inscrición remata o venres, 9 de xullo (o lugar e teléfono de contacto serían os mesmos que para os Obradoiros).

Exit mobile version