FOZ .- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública convoca unha nova concentración para o día 03 de Xullo, as 12 horas, no lugar de costume, en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz. A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública está a espera da reunión co Conselleira de Sanidade que se comprometou a xestionar o parlamentario do PP José Manuel Balseiro. Recordan que non se anunciou ningunha medida de reforzo, no Centro de Saúde de Foz, para a temporada estival.
Nota de Prensa
A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública quere facer publica a seguinte Nota de Prensa:
– O Próximo sábado día 03 de Xullo, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sandade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz.
– A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública está a espera da reunión co Conselleira de Sanidade. En dita reunión queremos revisar o estudo comprometido na reunión anterior mantida con membros da Consellería. Queremos recordar que na reunión mantida co Sr Balseiro, este, comprometeuse a xestionar a reunión co Conselleira.
Aínda que a nosa paciencia e case ilimitada, temos que dicir que o tempo está a pasar e a prometida reunión non ten data. De continuar así verémonos na obriga de tomar algunha medida de forza co xeito de conseguir que se nos reciba.
– Tamén queremos recordar que non se anunciou ningunha medida de reforzo, no Centro de Saúde de Foz, para a temporada estival, a pesares de que Foz vai recibir un importante número de visitantes, que fará que aumente considerablemente a súa poboación.
– Por último dicirlle os nosos veciños que se armen de paciencia si teñen que ir o Centro de Saúde. E si precisan ir o PAC de Burela que non se esquezan de levar un bocadillo, pois saben a hora que van, pero non saben a hora que van saír.