Ribadeo acolle hoxe e mañá 21 e 22 de maio unhas xornadas sobre os cogomelos no monte galego coas que a Delegación de Medio Ambiente conmemorará o día internacional da biodiversidade. Horacio Cupeiro explicou hai uns días que “se celebrarán no auditorio municipal e serán impartidas por Hifas da Terra en horario de 18:30 a 21:30 hoxe venres e de 10:30 a 14 horas mañá sábado.