Site icon Crónica3.com A Mariña

Un superávit de 775 mil euros en Alfoz son un claro síntoma da nefasta xestión do PP, asegura o BNG

Nota de Prensa

“Un superávit de 775.002,10 euros en Alfoz son un claro sintoma dunha nefasta xestión do pp”

O Bng de Alfoz critica a nefasta xestión económica que está a levar a cabo o equipo de goberno da localidade, que o mesmo tempo é reflexo de calquera tipo de xestión realizada ou mostra da carencia das mesmas, na comisión de contas celebrada o martes día 25 de maio amosan uns resultados que deixarían estupefactos a calquera veciño, mostran un remanente de tesorería de nada menos que 775.002,10 euros,cun incremento de 97.154,74 euros con respecto ó ano anterior, e dicir, mostra un superávit de máis de 125 millóns das antigas pesetan, algo que choca co que dice o alcalde e o seu equipo de goberno de que non hai cartos, incluso están quedando sin realizarse obras que estaban proxectadas porque alegaban falta de fondos e ahora presentan unhas contas que arroxan un saldo positivo de 775.002,10 euros.

Por un lado declaran públicamente que non teñen fondos e por outro presentan unhas contas cun superávit de 775.002,10 euros.

O remanente de tesorería e o resultado de sumarlle o diñeiro que ten en efectivo o concello, ven sexa en caixa ou en contas correntes, máis os dereitos que ten pendentes de cobro menos as obrigas que ten pendentes de pago, os datos presentados polo concello de Alfoz arroxan as citadas cifras, e ainda por riba parece ser que non teñen ningún saldo de dudoso cobro como mostran os números que eles mesmos presentan.

O equipo de goberno de Alfoz presenta as súas contas que son un obxetivo e claro reflexo da nefasta xestión que o PP está levando no concello.

Atopámonos nun concello no que prácticamente non existen inversións con fondos propios, poderíamos decir que o principal gasto con fondos propios se realiza para pagarlle o alto soldo ó alcalde, o cal dice que o concello non ten cartos, como declarou públicamente coa praziña que estaba prevista facer diante da casa do concello, que ainda está sen realizar xa que o alcalde argumentou falta de fondos e ahora presentan na comisión anual de contas uns resultados económicos positivos que posivilitarían a realización de moitas obras en beneficio dos veciños de Alfoz.

Dende o Bng de Alfoz preguntámonos donde vai ese diñeiro, eses 775.002,10 euros de superávit que ten o concello
, non sabemos que é realmente o que fai o PP cos cartos dos veciños, pero a realidade e que os números amosan ese superávit moi alto que vai en incremento mentres o equipo de goberno dí que non hai cartos e tampouco se reflexan en obras nin en servizos para os cidadans.

Exit mobile version