Site icon Crónica3.com A Mariña

Significado do hórreo na cultura galega

O seu verdadeiro significado e o secado do millo. Este efecto conséguese  mediante unhas aberturas feitas nas paredes, por elas pasaran as correntes de aire frío ou quente.
Protexer o  millo dos roedores, isto lograse erguéndoo do chan sobre pés, unhas pezas redondas, poligonais chamadas tornarratos ou rateiras, feitas de pedra ou lousa.
No hórreo podemos dicir que tamén se curan, outros produtos como as castañas, cebolas, allos, matanza do porco, queixos, patacas.
Pero o seu sentido e significado non remata co feito, nas partes baixas, entre os pés, adícanse espacios pechados con táboas ou rede metálica, como galiñeiro, para os porcos, coellos ovellas, secadoiros de leña, tendal da roupa, lugar para gardar o carro, os aparellos de labranza, etc.
En algunhas zonas da mariña podemos ollar na parte superior entre o beiril do tellado unhas caixas de madeira a modo de gaiolas de pombas co que o hórreo pasa a cumprir tarefas de pequeno pombal.
Certamente como ben narra Xosé Mª Leal Boveda co seu traballo gañador “ O hórreo galego “, non atoparemos edificio que realice tantas funcións empregando un mínimo espacio, de aí a súa importancia na vida rural galega.
Os hórreos máis grandes de Galicia pertencen os moitos pazos señoriais, así como as casa rectorais, ou mosteiros, vexase como exemplo os de Carnota, Araños, Pío, Arzúa, etc.
A imaxe máis antiga e ó mesmo tempo a primeira do hórreo na península Ibérica témola nas cantigas de Alfonso X “o sabio”no século XIII. En Galicia as primeiras novas sobre eles parece ser que datan de 1219, nunhas escrituras de compravenda de propiedades no mosteiro de Sobrado.
Os materiais máis frecuentes empregados para a súa construción son a pedra, lousa, e madeira nobre de castaño ou carballo. En Lieiro podemos ollar ata dez en moi bo estado de conservación algúns deles moi ben restaurados, non estaría de máis que alguén se acordara de que aparezan nas guías do concello para disfrute dos visitantes.
Walter Carlé, historiador Xermano coidaba que os galegos eran activos, intelixentes prácticos por ter feito os hórreos ós que el consideraba verdadeiros monumentos de arte.

Francisco E. Maya Seoane

Exit mobile version