Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo é un eixo comercial fundamental explica a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen

RIBADEO (FNC) .- A xerente do Centro Comercial Aberto (CCA) de Ribadeo, Beatriz Irigoyen, asegura que “Ribadeo é un eixo comercial fundamental”, e explica que “actualmente na comarca somos o pobo por excelencia para facer as compras. Como podemos comprobar, ao revés que nas cidades onde están a quedar sitios baleiros en rúas importantes, en Ribadeo séguense instalando novas empresas, novas tendas, novos hostaleiros co cal estamos moi satisfeitos e que a Federación Galega de Autónomos teña unha mención para dous autónomos de aquí cremos que é moi importante para Ribadeo é un punto ao noso favor tamén”.
A este respecto, a xerente do CCA, indicou que a Feira dos Autónomos que se celebrou este fin de semana en Lugo, “os organizadores puxéronse en contacto connosco para nomear a un autónomo de honra que foi Andrés Tojal e un autónomo do ano que foi Juan Edrosa. O venres tivo lugar a entrega dos premios e foi moi interesante estar alí”.

Exit mobile version