RIBADEO (FNC) .- O venres ás 9 da mañá haberá pleno extraordinario no Concello de Ribadeo para debatir a cuestión de confianza presentada polo alcalde, Fernando Suárez, vinculada á aprobación do orzamento municipal de 2010. Na sesión celebrada onte os grupos da oposición votaron en contra da proposta de presuposto plantexada polo equipo de goberno, o BNG.
O rexedor manifestou esta mañá que “neste debate os grupos da oposición amosáronse sorprendidos porque nós anunciamos que imos ligar a aprobación dos presupostos a unha cuestión de confianza tal e como permite a lei. A nós e a min como alcalde sorpréndenos moitísimo máis a actitude de todos os grupos da oposición, PP, PSOE e UPRI, que parece ser que diante da aprobación duns orzamentos municipais que contemplan unha chea de inversións e actuacións, o único que me reprochan e que lles preocupa é que o alcalde non cumpriu coa súa palabra de repartir os famosos 68.000 euros entre os funcionarios. Eso é o que me parece máis increíble, nunha situación económica como a que se está a vivir e eu non sei si esta xente só pensa de paredes do Concello para adentro ou si realmente está pensando na opinión que poden ter moitos veciños e veciñas de Ribadeo que deben estar perplexos con esta actitudade”.
Suárez Barcia suliñou que “nós estamos aquí para gobernar, presentámonos ás eleccións e a xente confióunos o goberno a nosoutros e con esa boa intención estamos aquí. Nós non estamos aquí a calquera prezo, nin que esto sexa un trágala. Para cumprir con aquela palabra nosa do reparto dos 68.000 euros entre os funcionarios intentamos negociar con eles ata a extenuación, tendo en conta que tiñamos informes de Intervención que dicían que non se podía facer o que os grupos da oposición queren que é darlles pola cara, por así decilo, aos funcionarios unha serie de diñeiro sen pasar por unha valoración de postos de traballo, etc, etc. Para eso reunímonos en varias ocasións e os funcionarios romperon as negociacións que foi o que a nós nos condicionou á hora de presentar os presupostos sen ningún tipo de subida agás a do 0’3%”.
O alcalde ribadense sinalou que “os presupostos municipais contemplan a reparación de camiños nas parroquias, a reparación de rúas no casco vello e na zona comercial, a realización de saneamentos, a construcción de nichos, a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, a creación dun fondo social contra a crise nun momento onde o Concello de Ribadeo ten que ser sensible con aquelas persoas que o están a pasar mal e desde logo que todo esto se lles quede en nada paréceme increíble”.
Créditos bancarios
Fernando Suárez lembrou que “ademáis durante o noso mandato non se pediu nin un só céntimo a préstamo cando eles, tanto na última época de goberno de Rodríguez Andina, como na de Pérez Vacas se pediron 2.400.000 e 1.200.000 euros respectivamente de recurso a crédito bancario e na nosa época de 2007 á actualidade non se pediu nin un só céntimo, tivemos eso sí que amortizar nestes tres anos 1.200.000 de inversións que outros fixeron noutras épocas e que nós estamos pagando, pero nosoutros queremos ser coherentes, queremos invertir pero non endebedar ao Concello para poñelo nunha situación de caída libre”. O rexedor considera que “eso parece que é o que lles molesta porque con todas as dificultades e coa minoría na que nos atopamos estivemos e estamos facendo moitas cousas, quizáis teñan medo a que sigamos a facer máis cousas e por iso quizáis nos queren tumbar os orzamentos deste 2010, insisto ligándoos a unha cuestión que non ten xustificación ningunha a nivel social que é que nós non repartimos uns cartos de xeito ilegal aos funcionarios do Concello de Ribadeo”.
Suárez Barcia explicou que “agora o venres terá lugar o segundo pleno ás 9 da mañá para abordar a cuestión de confianza ligada aos orzamentos municipais, si despois dese pleno os concelleiros da oposición teiman en seguir sin apoiar os presupostos abriráse un prazo dun mes no que poderán, si así o deciden por maioría absoluta, nomear un novo alcalde, do contrario se non o fan os presupostos quedarán aprobados automáticamente”.