Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables de Medio Ambiente de Ribadeo, Burela e Viveiro recolleron en Madrid a Bandeira Verde

A MARIÑA (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, e as concelleiras de Medio Ambiente de Burela, Lucía Bouza, e de Viveiro, María Loureiro, foron a Madrid para recoller o Premio Bandeira Verde co que foi distinguido cada un dos citados concellos.
Burela é o único Concello de Galicia premiado nas cinco modalidades da Bandeira Verde, algo polo que se amosa moi satisfeita a concelleira de medio ambiente.
Horacio Cupeiro agradece a veciños e traballadores de Medio Ambiente o esforzo realizado para conseguir a Bandeira Verde da que só  disfrutan 74 concellos en todo o Estado.
A bandeira verde é un galardón que entrega a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes aos municipios en recoñecemento á súa labor medio ambiental.
Notas de Prensa dos concellos de Burela e Ribadeo
—– Burela
BURELA É O ÚNICO CONCELLO DE GALICIA PREMIADO NAS CINCO MODALIDADES DA BANDEIRA VERDE, ALGO POLO QUE SE AMOSA MOI SATISFEITA A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE.

Madrid, 7 de maio de 2010. Burela é o único Concello de Galicia premiado nas cinco modalidades da bandeira verde, que hoxe recollía en Madrid a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza.

A edil socialista suliñou que “é a primeira vez que conseguimos as cinco estrelas da bandeira verde e ademáis somos o único Concello galego en logralas, polo que estamos dobremente satisfeitos e animados en Burela para seguir traballando no cuidado do noso medio ambiente e renovando ano tras ano este galardón da FUCI”.

Bouza recoñeceu “o traballo realizado ao longo do ano polos traballadores do departamento de Medio Ambiente, limpeza viaria, xardinería, etc… xa que sen o seu esforzo esto non sería posible”.

—– Ribadeo
HORACIO CUPEIRO AGRADECE A VECIÑOS E TRABALLADORES DE MEDIO AMBIENTE O ESFORZO REALIZADO PARA CONSEGUIR A BANDEIRA VERDE DA QUE SÓ  DISFRUTAN 74 CONCELLOS EN TODO O ESTADO.

Madrid, 7 de maio de 2010. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, recolleu hoxe en Madrid a bandeira verde que lle concedeu un ano máis a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI).

O edil nacionalista amóuse satisfeito por este recoñecemento e sinalou que “hoxe que recollemos tres das cinco modalidades da bandeira verde quero felicitar aos veciños, aos traballadores de Medio Ambiente e ao axente de Sostibilidade polo esforzo prestado para conseguir este galardón do que só poden disfrutar tan só 74 concellos. Agradecer á FUCI o esforzo de convocarnos na participación de loitar polo medio ambiente sostible e polo consumo responsable”.

Cupeiro dixo que a bandeira verde “comprométenos ainda máis para seguir loitando de forma digna por defender  que nos concellos os cidadáns disfruten dunha boa calidade de vida”. O responsable de Medio Ambiente tamén tivo palabras de felicitación “aos once concellos galegos que lograron esta distinción e concretamente ao de Burela por conseguir as cinco estrelas do premio”.

Exit mobile version