Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira celebra o “Día dos museos” durante unha semana con variadas actividades

VIVEIRO .- O complexo cultural RegalXunqueira conmemora o día internacional dos museos do 15 ao 23 de maio cun variado programa de actividades. Durante estes dias, previa consulta e reserva faranse visitas guiadas a os museos; exposicións e obradoiros para colexios, tanto de educación infantil, primaria e secundaria.

Nota de Prensa

REGALXUNQUEIRA CELEBRA O DIA DOS MUSEOS CUN AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES  Ó  LONGO DA SEMANA PRÓXIMA:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SABADO 15, DOMINGO 16 E LUNS 17, Xornada de portas abertas de Regalxunqueira podense ver un documental encol da exposición GUERNICA: UNHA EDUCACION PARA A PAZ  que se proxectará ininterrumpidamente.

MARTES 18 Presentación do documental realizado pola productora madrileña NAPAMA encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira co titulo de TERRA, AUGA E LUME

MERCORES 19 Mesa redonda encol DA CULTURA E POLITICA a cargo de Pablo Mosquera e Otero Regal, Pablo Mosquera desempeñou o cargo de diputado de cultura na Deputación Foral de Álava  e na actualidade é Director do hospital de Jarrio en Asturias e presidente dos Aventados

XOVES 20 Actuación musical do coro e músicos do LOIS TOBIO composto por 60 persoas entre pais e nenos do devandito colexio de Viveiro

VENRRES 21, SABADO 22 y DOMINGO 23, Xornada de portas abertas de Regalxunqueira podense ver un documental realizado pola productora madrileña NAPAMA encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira co titulo de TERRA, AUGA E LUME.

PERANTE ESTES DIAS E PREVIA CONSULTA E RESERVA FARANSE VISITAS GUIADAS A OS MUSEOS; EXPOSICIONS E OBRADOIROS PARA COLEXIOS, TANTO DE EDUCACION INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: TAMÉN PARA OS NENOS

No mes de maio os museos son protagonistas de dúas celebracións internacionais que pretenden achegar estas institucións á  sociedade dunha forma lúdica e festiva. O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de maio, e a Noite dos Museos o 20, por iso este fin de semana existen moitas actividades programadas en distintos museos de todo o mundo.

Unha boa oportunidade para que os pequenos gocen aprendendo, e descubran que os museos son un lugar onde divertirse, próximo. Ademais, a entrada adoita ser gratis estes días. A idea sobria, que existía ata fai uns anos sobre un museo cambiou, tamén hai que ter en conta os esforzos dalgúns profesionais para que os museos sexan divertidos para os nenos, que fascinen, ensinen, esperten a curiosidade. etc.

O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de maio en todo o mundo desde o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova.
O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gobernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), con status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ICOM aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intangible.
Para este ano 2010, o lema elixido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos é: Museos e : “Museos para a Harmonía social” é un compromiso e unha oportunidade para incrementar as nosas actividades e abrir as nosas portas á pluralidade, aproveitando   para a programación dunha semán de actividades en torno o Centro cultural REGALXUNQUEIRA e os seus museos de cerámica e coiro asi como o resto das instalacións.

EXPOSICIÓN : GUERNICA UNHA EDUCACIÓN  PARA A PAZ
Esta  exposición  pretende recoller os momentos en que Pablo Ruiz Picasso se fai  eco na súa obra do horror polos estragos que causan as guerras e a sua inutilidade. A exposición recolle unha reprodución do Guernika acompañado por obra grafica encol do mitico cadro e outras obras en col do mesmo tema. Completase a exposicions con  esculturas do  Quemado,  Alejandro Burgos e Otero Regal reinterpretando o Guernika. Esta exposición serve para por en funcionamento O CENTRO DIDACTICO DE REGALXUNQUEIRA onde se da a  posibilidade de:   REALIZAR   UNHA   ACTIVIDADE    EXTRAESCOLAR, con dúas opcións : OPCIÓN A : 4 h. de duración. OPCIÓN B: 2 h. de duración. Con GUÍA, tanto as actividades coma a Visita ós 2 Museos do centro.. O Centro  Didáctico é apto para ser visitado e participar nos seus obradoiros.(dentro do horario escolar) a partires de 1º de Educación Primaria até 2º de Bacharelato. Forma parte do noso Proxecto,en colaboración cos Centros de ensino primario e secundario e  outros Centros docentes reforzar a premisa: APRENDENDO  E  EDUCANDO A TRAVÉS DO ARTE.

Horario de 9.45 a 13,45 e de 16.00 a 20,00 h.

COMPLEXO CULTURAL

CAMIÑO REAL, 127 XUNQUEIRA  27850 VIVEIRO

T:982562589         F:982560406

ceramica@oteroregal.com

www.oteroregal.com

Exit mobile version