Site icon Crónica3.com A Mariña

Queremos Galego recolle sinaturas o sábado en Foz, Barreiros e Viveiro e chama a manifestarse o 17 de maio

A MARIÑA .- A Plataforma Queremos Galego convoca a todos os veciños e veciñas da Mariña a participar da mobilización convocada por este colectivo para o vindeiro 17 de Maio en Santiago de Compostela a fin de facer expresa a nosa repulsa a política lingüística. O 17 de Maio saíran autobuses da Mariña para acudir a Compostela.

Nota de Prensa

O 17 de Maio saíran autobuses da Mariña para acudir a Compostela.

A Plataforma recolle sinaturas o Sábado en Foz, Barreiros e Viveiro.

Queremos Galego chama a manifestarse o 17 de Maio en Compostela.

A sección mariñá da Plataforma Queremos Galego convoca a todos os veciños e veciñas da Mariña a participar da mobilización convocada por este colectivo para o vindeiro 17 de Maio en Santiago de Compostela a fin de facer expresa a nosa repulsa a política lingüística da Xunta de Galiza. Segundo declarou Ramón Ermida “os propios estudios que está a facer públicos nestes días a administración autonómica avalan que é precisamente o galego a lingua da que os nosos mozos e mozas saen incompetentes unha vez rematados o ensino obrigatorio, o que evidencia que o único idioma en risco no noso País é o galego”, neste sentido Ermida demandou “ a necesidade de máis presión por parte da sociedade galega para conseguir traer ao consenso en materia linguística ao PP como xeito de garantir a pervivecia e o futuro do idioma que nos é propio”

Queremos Galego da Mariña anunciou que o colectivo ten previsto poñer autobuses desde todos os Concellos da Comarca para participar nesta manifestación que está chamada a ser histórica e que vai ter o seu remate na Praza do Obradoiro. O Portavoz de Queremos Galego lembrou que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación desde A Mariña só teñen que anotarse chamando aos telefones 982 140 654 ou 982 581861 ou ben anotándose no correo electrónico da plataforma queremosgalegoamarinha@gmail.com. Así desde Queremos Galego están convencidos que é fundamental unha forte resposta social que vire toda a carraxe que o Partido Popular está verquendo contra o noso idioma en enerxía positiva a prol do galego xa que esta mobilización vai ser o termómetro, a auténtica enquisa da sociedade galega a está política xenocida co idioma da Xunta de Galiza.

O Portavoz de Queremos Galego definiu a política educativa da Xunta de Galiza como un “un autentico escándalo que está a xerar unha discordia no conxunto da comunidade educativa e da sociedade galega e tamén pola súa teimosía en tentar aplicar un decreto que xa recibiu o rexeitamento do Consello escolar de Galiza, máxima órgano de representación da comunidade educativa”. Neste sentido desde Queremos Galego consideran un feito inédito que a Xunta pretenda introducir unha modificación lexislativa coa oposición deste organismo, pois tratase da primeira norma na historia de Galiza que se aproba no ensino coa oposición do Consello Escolar. Na mesma liña anunciaron que sección mariñá de Queremos Galego segue a recoller sinaturas a prol da ILP que o colectivo vai presentar no Parlamento de Galiza.

A Plataforma que engloba a máis de 50 colectivos da comarca vai levar adiante a recollida de sinaturas ao longo de todo este mes a fin de chegar aproximadamente aos 10000 mil apoios, tendo xa a esta altura repartido pregos, e recollidas sobre unhas 3000 sinaturas. Nesta liña é de destacar o importante apoio que esta a ter a ILP entre a comunidade educativa, volcada absolutamente no apoio a mesma, tanto no plano do profesorado, como dos pais e nais e do alumnado. Queremos Galego vai continuar coas recollidas públicas de sinaturas no conxunto das vilas da Comarca e concretamente este Sábado vai colocar mesas con pregos en horario de mañá en Foz, en Barreiros e en Viveiro. daderos esfuerzos inversores de las administraciones que encabezan, sin tener que parasitar obras que son fruto de convenios que sufragan otras administraciones.

Exit mobile version