Site icon Crónica3.com A Mariña

O porto de Burela acolle o 15 de maio a “XII+II Festa da Marosa”

BURELA .- Responsables do Concello de Burela, Deputación e organización presentaron a nova edición da “Festa da Marosa, goza co saber do povo”, que este ano vaise celebrar o 15 de maio no porto de Burela, por segunda vez.

NOTA DE PERNSA:

Hoxe tivo lugar a presentación da XII+II Festa da Marosa na Casa do Concello coa presencia da Teniente Alcalde do Concello de Burela Dª. Neves Cando e D. Antonio Veiga como responsable da Area de cultura da Diputacion de Lugo.
Adxuntamos información e agradecemos a máxima difusión posible.

Recordar que a venda de tickets para o Cocido estan a venta na Parrillada de Jandro ou no teléfono 699 954 208 (Chema) o prezo de 10 €. O mismo día da Festa teran un prezo de 15 €.

A ‘XII+II FESTA DA MAROSA. GOZA CO SABER DO POVO’ ENCHERÁ BURELA DE MÚSICA, TEATRO, DANZA, GASTRONOMÍA E ROTEIROS CULTURAIS PARA TODA A FAMILIA, O VINDEIRO 15 DE MAIO 2010
Un ano máis, contra vento e marea, chega a festa da Marosa cargada de
salitre vital para salferir as nosas almas desexosas de festa!!!
O vindeiro 15 de maio, o porto de Burela acollerá a 12+2 edición de “Goza co
saber do povo”. Este ano, a explanada do porto é a escollida pola organización
para realizar o festival, posto que consideran que é o lugar máis achegado á
praia. É o segundo ano que se realiza fóra do espazo natural da praia da
Marosa, de aí o de sumar dous á ducia de edicións anteriores, pero estamos
seguros que no futuro a festa poderá retornar ao seu emprazamento orixinal.
Como vén sendo habitual ao longo destes catorce anos de historia da Festa da
Marosa, a música será o fío condutor que nos permita coñecer xente de todos
os lugares do país. E como tamén vén sendo habitual, os obxectivos deste
encontro pasan por dinamizar a vida cultural do pobo, achegando este tipo de
eventos á comarca da Mariña para unificar xeracións mediante o encanto da
nosa Cultura.
As actividades comezan cunha ruta (a pé ou en bici) para toda a familia o
propio día 15 ás 11:00h da mañán, posto que por primeira vez faremos un
percorrido dende o porto ate a praia cun vello lobo de mar, Balbino Trelles,
que nos contará as súas engaiolantes historias sobre as Penas de Burela. A
“Ruta do Quitapenas” rematará na praia da Marosa ás 13:00h para escoitar a
Banda de Música de Burela e a todos os artistas que se queiran sumar a
interpretar na area norteña a “Marcha da Marosa” composta por Edelmiro
Fernández.
Ás 14:00h comezará a sesión vermú na carpa do porto, a cargo da Banda
Tudutene e a Banda de Música de Burela. Festa garantida para queimar
graxas danzando antes de comer o “cocido de cuadrillas” ás 15:00h.
Catrocentas xenerosas racións para xantar entre amigos escoitando boa
música na lonxa das redes.
Á tardiña tócalle a quenda aos máis pícaros, e non tanto, coa obra de teatro-
musical Bicharada de Berrobambán, que terá lugar na casa de Cultura ás
18:00h.
A partir das 22:00h dará comezo o festival cos grupos Pès de Lán, Linho do
Cuco e Lamatumbá. E como todos os anos, por tradición, regaremos as nosas
gorxas coa queimada elaborada por Mon, para purificarnos para todos os
festivais do verán que están por vir. Lume!!!

Exit mobile version