Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocupa no Concello de Barreiros o peche da empresa “Hormigones La Estrella”

BARREIROS (FNC) .- Preocupación no Concello de Barreiros polo peche da planta que Hormigones La Estrella ten no municipio. O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que “a medida suporá a perda de postos de traballo tanto directos coma indirectos, estamos a falar de 5 ou 10, pero aínda que a cifra pareza pequena para o noso concello é moi importante polo que suporá para eses traballadores e para as súas familias”. O rexedor asegura que “estamos intentando buscar unha solución”.

Visitas ao Concello

Por outra banda, Fuente Parga, anunciou esta tarde as dúas visitas que recibirá esta semana no Concello. Mañá ás 12:30 manterá un encontro coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e despois a partires das 13 horas visitarán o colexio de San Miguel “para ver os investimentos que se realizarán no centro a partires do mes de xuño”.

Xa o mércores, 12 de maio, será o subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe, o que se desprace a Barreiros para manter un encontro co rexedor ás 11 da mañá e a continuación “analizaremos e veremos as zonas nas que o Ministerio de Medio Ambiente, a través de Costas, actuará en datas próximas”.

Exit mobile version