VIVEIRO .- Portos de Galicia anuncia que comezará en breve as obras de pavimetación dos viais que circundan os novos departamentos de usuarios no porto de Viveiro, uns 6.000 metros cadrados, que suporá un investimento duns 58.000 euros
Nota de Prensa
Esta actuación levarase a cabo con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 58.000 euros
PORTOS DE GALICIA COMEZARÁ EN BREVE AS OBRAS DE PAVIMETACIÓN DOS VIAIS QUE CIRCUNDAN OS NOVOS DEPARTAMENTOS DE USUARIOS NO PORTO DE VIVEIRO
* Será preciso, ao quedar danadas considerablemente partes desa zona portuaria, pavimentar mediante esta actuación unha superficie duns 6.000 metros cadrados
Santiago, 4 de maio de 2010.- O ente público Portos de Galicia acometerá nos vindeiros días as obras de asfaltado e pavimentación nos departamentos para usuarios no porto de Viveiro. Esta actuación levarase a cabo con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 58.000 euros.
Con motivo do corte da estrada N-642 e o desvío do tráfico rodado pola zona portuaria fronte aos novos departamentos do porto de Viveiro é preciso, ao quedar danadas considerablemente partes desa zona portuaria, pavimentar mediante esta actuación unha superficie duns 6.000 metros cadrados.
Unha obra urxente debido ao mal estao no que se atopan os viarios que circundan os novos departamentos e incluída dentro do mantemento e conservación das instalacións portuarias xestionadas polo ente público.
Plan de investimentos en obras Menores
O Ente Público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Lugo de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.
Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.