Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos anuncia o incio do peche perimetral da nave de redes do porto de O Vicedo

O VICEDO .- O ente público Portos de Galicia anuncia que acometerá nestes días as obras de colocación do peche perimetral da nave de redes do porto de O Vicedo. Con esta actuación poderase desenvolver en épocas de mal tempo os labores das redeiras, aseguran.

REFERENCIA

Foi solicitada pola confraría do porto de O Vicedo, con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 37.000 euros

Portos de Galicia comeza as obras de colocación do peche perimetral da nave de redeiras do Vicedo

Ten como obxectivo pechar todo o perímetro con panel liso e ademais, con outra actuación paralela, dar luz natural á nave de redes a través da súa cuberta

Con esta actuación poderase desenvolver en épocas de mal tempo as labouras das redeiras

Santiago, 9 de maio de 2010.- O ente público Portos de Galicia acometerá nestes días as obras de colocación do peche perimetral da nave de redes do porto de O Vicedo. Esta actuación foi solicitada pola confraría de Pescadores do porto de O Vicedo, con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento duns 37.000 euros.

Con esta actuación poderase desenvolver en épocas de mal tempo os labores das redeiras. Esta obra ten como obxectivo pechar todo o perímetro con panel liso e ademais, con outra actuación paralela, dar luz natural á nave de redes a través da súa cuberta, substituíndo catro panos opacos por unha chapa transparente. Tamén se instalara unha porta seccional industrial, así como as súas correspondentes conexións para o eixo e motor.

Plan de investimentos en obras Menores
O Ente Público Portos de Galicia, está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de Lugo de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.
Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadore

Exit mobile version