NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que o bipartito “dalle a razón ó PP pero chega tarde anunciando un solar como aparcamento público”.
Pernas Chao afirma que “é máis ca evidente que se necesitan aparcamentos”.
Os populares consideran que “xa ninguén aposta pola capacidade de traballo do alcalde”.
O GMPP de Burela amosou a súa satisfacción polo anuncio feito polo bipartito de adecentar un solar como aparcamento público, ainda que tal satisfacción só é a medias. O concelleiro popular Pablo Pernas alégrase de que ainda que só sexa por unha vez o alcalde recoñeza así que o PP tén razón, pero tamén considera que tal decisión só vén a certificar que é evidente que se necesitan prazas de aparcamento (porque de non ser así non se adecentaría ese solar), que o PP tiña razón cando formulou unha petición totalmente fundamentada e evidente, e que o bipartito burelés reacciona tarde, cando reacciona.
Estas son as conclusións que extrae o edil popular Pablo Pernas Chao ó respecto do anuncio feito polo bipartito o pasado mércores. Para Pernas Chao, se alguén dubidaba da capacidade do PP de aportar solucións, estaba totalmente equivocado, como tamén está equivocado o que aposte pola capacidade de traballo do bipartito, que funciona por impulsos e solo cando o pinchan; do contrario, a súa teoría é non facer nada.
O concelleiro popular considera que o solar elexido non será suficiente e que xa se pode ir pensando en adecentar outros, se se entende que esa é a solución. De todas formas, dixo Pernas Chao, deste xeito só se lle poñen parches a un problema que existe. A política dos parches é a que usa o alcalde, traballar nada para non solucionar nada de forma efectiva; tanto é así, que xa ninguén aposta pola súa capacidade de traballo. O PP, indicou Pablo Pernas, xa fixo as súas propostas no seu momento sobre a problemática dos aparcamentos, e se chegamos ó goberno municipal dentro de un ano serán retomadas.