Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo colabora con Sogama na sensibilización e divulgación sobre o compostaxe doméstico

CERVO .- A concellería de Medio Ambiente de Cervo, programou acto de sensibilización e divulgación do programa de compostaxe doméstico que está previsto poñer en marcha no municipio coa colaboración de Sogama. Será o xoves, 13 de maio de 2010 as 20 horas no Salón de Actos da Casa do Concello

O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UN ACTO DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE O COMPOSTAXE DOMÉSTICO

* O seu propósito é informar dos pormenores desta iniciativa aos veciños interesados en participar no programa que a concellería de Medio Ambiente porá  en marcha nos vindeiros días

Cervo, 11 Maio de 2010.- A Concello de Cervo, a través da súa concellería de Medio Ambiente, ten previsto organizar o vindeiro xoves, 13 de maio de 2010 as 20 horas no Salón de Actos da Casa do Concello, un acto de sensibilización e divulgación do programa de compostaxe doméstico que está previsto poñer en marcha no municipio coa colaboración de Sogama.

O acto consistirá  na presentación pública e na divulgación por parte dun técnico da empresa de enxeñaría de sistemas medioambientais, Ingesyma, sobre este proxecto de compostaxe doméstico a instaurar no noso termino municipal en virtude do acordo asinado con Sogama, e do que tamén forman parte os concellos de Alfoz, Trabada, Barreiros e Lourenzá.

Segundo indicou a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, a pretensión desta charla informativa é que os cervenses interesados en participar nesta iniciativa “poidan coñecer os pormenores da mesma, así como os beneficios que traerá consigo e o proceso a seguir para a transformación da materia orgánica en compost”, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan.

Así mesmo, a responsable da área medioambiental municipal adiantou que se  aproveitará a ocasión para insistir na necesaria colaboración cidadán no sistema de recollida selectiva das distintas fraccións de residuos, “contribuíndo con isto a a alcanza-los obxectivos finais deste programa: redución da produción de refugallos e incremento dos porcentaxes de material desviado aos centros recicladores”.

Por último, informar tamén que ao remate do acto aqueles interesados en adherirse a dita experiencia poderán formalizar a súa inscrición. Neste senso, hai que lembrar que continúa aberto o prazo para que os veciños e veciñas interesados en participar neste programa de reciclaxe doméstica formalicen a súa solicitude nas oficinas municipais no Concello, ou na Casa de Cultura de San Ciprián.

Exit mobile version