Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo desenvolverá tres obradoiros durante o mes de maio

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, en colaboración co Concello de Ribadeo, desenvolverá tres obradoiros durante o mes de maio.

O CeMIT de Ribadeo acollerá  desde o luns 3 e ata o martes 11 de maio o obradoiro Iniciación a internet, co que o usuario/a será capaz de empregar de forma básica aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede internet. O horario desta actividade será de 19:00 a 20:00 horas.

Dentro da iniciativa posta en marcha como celebración do Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións, se levarán a cabo neste mes dous obradoiros. Entre o 12 e o 20 de maio terá lugar o obradorio Procesador de textos: writer, no que se formará aos asistentes na creación e modificación dun documento de texto empregando o OpenOffice Writer. O horario será de mañán de 11:00 a 12:30 horas. E entre o 24 e o 27 de maio o CeMIT acollerá o obradoiro Manexo do escáner e gravación de cds co que se pretende formar o/a usuario/a no uso do escáner  e a gravación das súas propias imaxes. O horario desta actividade será de 11:00 a 13:00 horas.

Co motivo da celebración do día 17 de Maio, este mes no CeMIT de Ribadeo porase en marcha a iniciativa Lembranzas de Ribadeo que comezará a mediados de maio e rematará a finais do mes de xuño. Este proxecto consistirá na creación dun documento audiovisual no que dixitalizaremos todo o coñecemento posible sobre o pobo ribadense.

Exit mobile version