RIBADEO (FNC) .- A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, en colaboración co Concello de Ribadeo, celebrará catro obradoiros durante o mes de xuño.
Dentro da iniciativa que se está a levar a cabo denominada Lembranzas de Ribadeo realizaránse neste mes catro obradoiros. Este proxecto consiste na creación dun documento audiovisual no que se está a dixitalizar todo o coñecemento posible sobre o pobo ribadense.
O CeMIT de Ribadeo acollerá desde o 1 e ata o 3 de xuño o obradoiro Edición de imaxes Gimp, co que o usuario/a será capaz de retocar imaxes dixitais empregando o programa libre Gimp. O horario desta actividade é de 10:30 a 12:30 horas. Entre o 7 e o 10 de xuño terá lugar o obradorio Alfabetización para adultos con medios dixitais, no que se formará aos asistentes na gravación da súa propia voz en off co emprego dun mp3. O horario será de 10:30 a 12:30 horas. O 14 e o 15 de xuño o CeMIT acollerá o obradoiro Música e radio na internet no que os/as usuarios/as coñecerán os recursos musicais que ofrece internet. E rematará o mes co obradoiro de Videomontaxe do 16 ao 29 de xuño co que se pretende formar o/a usuario/a para que sexa capaz de crear a súa propia composición audiovisual. O horario desta actividade será de 10:30 a 12:00 horas.
Para solicitar máis información sobre todas estas actividades os interesados poden dirixirse ao CeMIt de Ribadeo, sito na Rúa Antonio Otero, nº 15, chamar ao teléfono 982.120.732, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: telecentroribadeo@gmail.com
Asemade no mes xuño comeza o horario de verán do CeMIT que estará aberto 8:00 a 15:30 horas.