Site icon Crónica3.com A Mariña

O SERGAS cambiará o mobiliario e fará melloras no centro de saúde de Barreiros

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase satisfeito tras o novo material co que se dotou ao centro de saúde da vila. O Sergas cambiará en breve o mobiliario e acometerá melloras para facilitar o acceso ás persoas con minusvalías.

Fuente Parga sinalou que “hoxe en Barreiros podemos dicir que estamos de noraboa en materia de sanidade, xa que o Sergas a través da dirección de Atención Primaria, acaba de dotar ao noso centro médico dunha serie de equipos cos que non contaba e que agora se empregarán con todos os pacientes. Trátase dunha camilla motorizada para realizar ciruxías, un sistema de lavado de oídos, unha lámpara de luz fría para a realización de citoloxías e aspiración de secrecións así como un oftalmoscopio e rinoscopio e unha báscula dixital para pesar aos bebés”.

O investimento destinado a este fin rondou os 6.000 euros, segundo os datos que manexa o rexedor barreirense.

O alcalde tamén valora de xeito moi positivo o anuncio realizado polo Sergas “para proceder ao inmediato cambio do mobiliario nas consultas e a execución de obras no mostrador de entrada para facilitar o acceso de persoas con minusvalías. É algo a destacar que o Sergas vaia equipando ao noso centro de saúde, ao igual que está a facer con outras instalacións deste tipo noutros puntos da nosa comunidade”.

Exit mobile version