BARREIROS (FNC) .- O vindeiro sábado 15 de maio rematará en Santiago a peregrinación que, a través do Camiño Francés, veñen realizando desde o pasado 1 de abril 43 peregrinos de Barreiros, entre os que se atopan o alcalde, Alfonso Fuente, e varios concelleiros.
O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, lembra que “a primeira etapa realizóuse o día de xoves santo desde O Cebreiro ata Triacastela, un total de 22 kilómetros e despois todos os sábados fixemos as seguintes etapas percorrendo uns 24 kilómetros en cada xornada”. O concelleiro popular destaca “o bó ambiente do grupo que formamos os 43 peregrinos, dos que oito teñen máis de 65 anos. O sábado despois de abrazar ao Apóstol e de asistir á misa do peregrino, disfrutaremos dun merecido xantar e logo o alcalde, Alfonso Fuente, farálles entrega dun obsequio aos participantes nesta peregrinación. Os maiores de 65 anos recibirán tamén un recordo xentileza do Xacobeo”.