Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama a posta en marcha do novo xeriátrico de Viveiro e a contratación de persoal con métodos transparentes

NOTA DE PRENSA

REGO RECLAMA A POSTA EN MARCHA DO NOVO EQUIPAMENTO XERIÁTRICO DE VIVEIRO, INCLUINDO OS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL A TRAVÉS DE MÉTODOS DE SELECCIÓN BASEADOS NA TRANSPARENCIA E NO REPECTO POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, O MERITO E A CAPACIDADE

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirma que a día de hoxe o edificio esta case rematado e sen ningunha razón aparente para que non estea a disposición de cumprir os fins para os que foi construído.

Burela , 13 de maio de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou unha pregunta na Cámara Autonómica na que reclama, entre outras cousas, coñecer as causas para non ter posto en servizo o novo equipamento xeriátrico de Viveiro?. Tamén solicita saber ata cando ten pensado o Goberno Galego seguir privando aos cidadáns de Viveiro e ao seu contorno comarcal dun servizo ao que teñen dereito, máxime despois de telo financiado cos seus impostos.

O deputado lembra o esforzo e compromiso asumido polos rexedores da Administración municipal, tanto económico como de xestións con outras institucións nas que confluían distintos intereses e responsabilidades deu os seus froitos como consecuencia do compromiso do anterior Goberno galego. Di que este compromiso fixo posible poñelo en marcha e deixalo case rematado o edificio para a residencia xeriátrica . Sinala que se atopa radicada nun espazo privilexiado  do contorno urbano de Viveiro, consecuencia  tamén do compromiso do Goberno central que o posibilitou atendendo a proposta dos mandatarios locais.

Afirma que a día de hoxe o edificio esta case rematado e sen ningunha razón aparente para que non estea a disposición de cumprir os fins para os que foi construído.

A maiores Rego reclama, mediante unha Proposición Non de Lei, a posta en marcha do novo equipamento xeriátrico de viveiro, incluíndo os de contratación de persoal a través de métodos de selección baseados na transparencia e no respecto pola igualdade de oportunidades, o mérito e a capacidade.

Exit mobile version