NOTA DE PRENSA:
REGO ESIXIRA NO PARLAMENTO A APERTURA INMEDIATA DA RESIDENCIA DA 3ª IDADE DE VIVEIRO
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego asegura que non pode existir ningunha razón que xustifique o retraso na súa apertura
– Rego demanda á Xunta de Feijoo que atenda as reivindicacións do Alcalde de Viveiro, no tocante a utilización dos mecanismos democráticos que garantan a limpeza no proceso de selección para a contratación de persoal, como a transparencia e a obxectividade.
Burela , 8 de maio de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou, que esixira en sede parlamentaria, a apertura inmediata da Residencia da 3ª Idade en Viveiro.
Rego lembra o gran esforzo inversor do Concello para apertura desta infraestructura, xa que aportou os terreos para a construcción da mesma, ademais destacou o traballo desenrolada polo Alcalde de Viveiro e do anterior Goberno Autonómico para impulsar esta obra. Advirte ademais que esta Residencia non solo atende aos veciños e veciñas do Landro senón aos de toda a Comarca, e por ende serve para cubrir o déficit na atención aos dependentes nesta zona de Galicia.
O deputado asegura que non pode existir ningunha razón que xustifique o retraso na súa apertura, despois de ser executadas as obras. Afirma que esta Residencia tense que poñer ao servicio dos cidadáns de xeito inmediato.
Rego demanda á Xunta de Feijoo que atenda as reivindicacións do Alcalde de Viveiro, no tocante a utilización dos mecanismos democráticos que garantan a limpeza no proceso de selección para a contratación de persoal, como a transparencia e a obxectividade.
Sinala que vai reclamar da Conselleira de Traballo e Benestar , Beatriz Mato, unha explicación para saber si este detrás da información que propiciou as mentiras sobre a cesión dos terreos por parte do Concello de Viveiro. Neste punto lembrou que representantes do Partido Popular anunciaron que o Concello non tiña dado os pasos administrativos necesarios para a construcción da Residencia “ algo que é falso”, replicou Rego. Nese senso aludiu aos acordos unánimes da Corporación Municipal sobre este asunto.