Nota de Prensa
O GMS DE CERVO PROPONE UN RECORTE “POLÍTICO” QUE ELIMINE DEDICACIÓNS PARCIAIS E REDUZA AS ASIGNACIÓNS DO ALCALDE E GRUPOS POLÍTICOS
PEDIMOS AO EQUIPO DE GOBERNO QUE O RECORTE TEÑA UN REFLEXO NOS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS DESTE ANO
CERVO, 13 DE MAIO. O GMS presentou hoxe a mañá unha proposición para reducir as asignacións aos partidos políticos, soldo do alcalde e concelleiros e a asistencia aos órganos colexiados.
Propoñemos unha reducción dun 15% no salario do alcalde (42.000 €), e un mínimo dun 5% nos salarios dos 4 concelleiros con dedicación parcial, aínda que neste punto entendemos necesario eliminar algunha destas dedicacións, posto que temos as nosas dudas que estean a dedicar as 29 h ao mes que establecía o acordo plenario.
Porta aberta a unha maior reducción
Dende o GMS deixamos a porta aberta ante a posibilidade de que ista rebaixa sexa aínda maior se así o acordan o resto dos grupos políticos co Representación municipal en Cervo.
Pedimos ademais que no caso de que o equipo de goberno apoiara a medida, comece a dar instruccións aos técnicos para que elaboren os informes necesarios para que a proposta salga adiante.
Priorizar as necesidades
Ao marxe dos recortes “políticos”, dende o GMS imos a presentar nos próximos días varias propostas e outras medidas encamiñadas a mellorar a eficacia e a eficiencia dos servicios en Cervo, tratando de consensuar as necesidades do Concello, de cara á elaboración dos presupostos municipais, estableciendo as prioridades e urxencias que mais demandan os veciños.