Membros da asociación de veciños “Parroquia Arroxo” de Sober viaxarán ata a Mariña e percorrerán as praias de Area, Muinelo e Portonovo; coñecerán os cantís do cabo Morás e camiñarán a pé dende Vilachá ata Punta Roncadoira. O xoves, alumnos do IES Francisco Daviña Rey, de Monforte de Lemos, desprazaranse ata Ribadeo, onde visitarán o Centro de Cultivos Mariños, o mosteiro da Clarisas e o casco histórico. Tamén farán un paseo pola ría.